Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 864

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno da igrexa de Santa María de Dexo, no concello de Oleiros, provincia da Coruña.

Por Resolución do l5 de febreiro de l982, (Boletín Oficial del Estado do 28 de marzo), foi incoado expediente para a declaración como ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico, a igrexa de Santa María de Dexo, no concello de Oleiros,provincia da Coruña.

Sendo a devandita incoación anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno, para proceder á súa declaración.

En consecuencia, e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a delimitación do contorno da igrexa de Santa María de Dexo, concello de Oleiros, provincia da Coruña, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Ter por incoado expediente para a declaración da delimitación do contorno da igrexa

de Santa María de Dexo, concello de Oleiros, provincia da Coruña (artigo ll da Lei 8/1995, do 30 de outubro).

Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, sendo a delimitación a seguinte:

«l-2. Tramo da estrada de comunicación de Dexo-Lorbé.

2-3. Camiño veciñal desde a estrada de Dexo-Lorbé, ata a liña que define os fondos dos predios.

3-4. Liña que define os fondos dos predios que se atopan dentro dun ámbito de 80 m da igrexa.

4-5. Liña que seguindo o límite do predio debuxada no parcelario e perpendicular á liña 3-4, corta á estrada que vai de Dexo a Lorbé.

5-6. Tramo da estrada Dexo-Lorbé.

6-7. Liña qué perpendicular á estrada Dexo-Lorbé recolle o límite dos predios inmediatos edificados.

7-8. Paralela á estrada Dexo-Lorbé, que seguindo o límite do predio chega ata o seu fondo.

8-9. Liña qué recollendo os límites dos predios atrevesa a estrada que leva ó lugar de Buinte.

9-10. Límite dos predios debuxados e camiños veciñais, ata atoparse coa estrada de comunicación Dexo-Lorbé.»

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes:

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde do concello de Oleiros, provincia da Coruña, e comunicarlle que de acordo co artigo 35 de Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia «A incoación dun expediente de declaración de ben de interese cultural respecto dun inmoble determinará a suspensión das correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberán realizarse con carácter

inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura.»

Cuarto.-Notificarlle a presente resolución ó propietario, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Educación y Cultura, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de l mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de l997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

97-368