Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 13 de xaneiro de 1997 pola que se fai pública unha addenda que modifica o convenio de apoio financeiro ós investimentos financiado polo Igape, o ICO e as entidades financeiras publicado mediante Resolución do 29 de maio de 1996.

Advertidos erros no texto da devandita resolución, publicada no DOG nº 8, do 14 de xaneiro de 1997, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 418:

No punto 5, parágrafo 6º do anexo á devandita resolución, donde di: «Enténdese por MIBOR a definición sinalada na terceira cláusula do contrato de financiamento asinado entre o ICO e as entidades financeiras o 23.12.1996», debe dicir: «Enténdese por MIBOR, ben a definición sinalada na terceira cláusula do contrato de financiamento asinado entre o ICO e as entidades financeiras o 23.12.1996, ben a recollida no segundo parágrafo da cláusula quinta do devandito contrato».

97-500