Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 863

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno da igrexa de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, provincia de Ourense.

Por Real orde do 20 de setembro de 1923 (Gaceta de Madrid do 26 de setembro), foi declarado ben de interese cultural con categoría de monumento, a igrexa de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, provincia de Ourense.

Sendo a devandita incoación anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

En consecuencia, e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a delimitación do contorno da igrexa de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos, provincia de Ourense, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Ter por incoado expediente para a declaración da delimitación do contorno da igrexa de San Pedro de Rocas, concello de Esgos, provincia de Ouresne (artigo ll da Lei 8/1995, do 30 de outubro).

Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, sendo a delimitación a seguinte:

«O punto 1 fíxase na intersección entre o límite municipal de Esgos con Pereiro de Aguiar e a estrada de Triós a Lobaces. O límite defínese polo regueiro ata chegar ó punto 2, de intersección coa estrada de Tarreirigo a Loña do Monte, pola dita estrada ata o punto 3, onde toma a bifurcación no sentido este que vai cara a Arcos, servindo a dita estrada de delimitación do contorno ata o punto 4, seguindo polo camiño existente cara ó sur ata o punto 5, alítoma a bifurcación coa parcela 21-268, segue polo lindeiro sur da 21-266, o lindeiro norte da 21-373 e o oeste da 21-374, seguindo polos límites sur das parcelas ata chegar ó punto de intersección entre a 21-381, a 21-369 e a 21-412, e polo lindeiro leste da 21-369 e 21-356, segue o camiño no sentido leste ata o límite sur da 21-428, e polo camiño, ata o punto 6; aseguindo en dirección sur polo camiño, abeirando o límite sur da parcela 21-463, na intersección entre a 21-674, 21-677, 21-675, polos límites sur das parcelas 21-676,

21-1150, 21-1161, límite oeste da 21-667 e 21-612, xuntando co camiño ata o lindeiro oeste da parcela 21-655 defínese o punto 7.

Polo camiño a Melón de Abaixo e polo límite norte das parcelas 1-28 e 1-29 ata conectar co camiño

en dirección sur de Melón de Abaixo, o límite noroeste das parcelas 1-216, 1-217 e 1-218 ata a estrada de Esgos a Melón de Abaixo, definindo o punto 8. Pola estrada en dirección sur ata o punto 9, unindo co prolongamento do límite sur da parcela 1-229 cara o oeste e polos lindeiros sur das parcelas do polígono catastral 1: 339, 337, 352, 353, 354, 355, 357, 358, 361, 364, 373, 392, 291 e as do polígono catastral 21-981, 765, 766, 767, 838, 839, 840, 843, 841, 860, 858, defínese o punto 10. Polo límite oeste das parcelas 858, 859, 861, 862, 891, 929, 987, 896, 899, 888, 878, defínese o punto 11.

Seguindo o lindeiro oeste das parcelas do polígono 20:65, 64, 63, 76, 79, 80, 83, 98, 99, 100, 101, 126, e polos límites sur de 55, 46, 47 ata atoparse co camiño que leva a Tarreirigo, punto 12, e polo dito camiño ata chegar ó punto 13 que é o extremo sur da parcela 19.397.

Polos límites norte das parcelas 19-370, 19-373, 19-374 e 19-375 ata chegar ó punto norte da intersección coa estrada Tarreirigo-Rocas, punto 14, seguindo esta estrada en dirección Rocas ata a bifurcación ó oeste do camiño de Camba e axuntando co termo municipal defínese o punto 15, remátase a delimitación polo límite do termo municipal, en dirección norte, ata chegar ó punto 1».

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes:

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó concello de Esgos, provincia de Ourense, e notificarlle que, de acordo co disposto no artigo 35 de Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia «A incoación dun expediente de declaración de ben de interese cultural respecto dun inmoble determinará a suspensión das correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberán realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura».

Cuarto.-Notifica-la presente resolución ós propietarios, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Educación e Cultura, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletin Oficial del Estado,abríndose un período de información pública de l mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de l997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

0454