Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 861

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno do xardín artístico do pazo de Santa Cruz de Ribadulla, no concello de Vedra, provincia da Coruña.

Por Resolución do 30 de outubro de 1980, (Boletín Oficial del Estado do 5 de xaneiro de 1981), foi incoado expediente para a declaración como ben de interese cultural con categoría de xardín artístico, do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, no concello de Vedra, provincia da Coruña.

Sendo a devandita incoación anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro ), é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno, para proceder á súa declaración.

En consecuencia, e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a delimitación do contorno

do xardín histórico, o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, concello de Vedra, provincia da Coruña, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Ter por incoado expediente para a declaración da delimitación do contorno do xardín histórico do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, concello de Vedra, provincia da Coruña (artigo ll da Lei 8/1995, do 30 de outubro).

Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, sendo a delimitación a seguinte:

«l-2. Estrada de Padrón a Ponte Ulla, desde o río ata o punto onde o muro de cerramento do predio cambia de dirección.

2-3. Liña que desde a esquina do muro de cerramento do predio segue paralelo a éste e únese de novo a estrada Padrón-Ponte Ulla, no punto onde esta se cruza co camiño que leva ó núcleo de Outeiro.

3-4. No Outeiro, cruzamento á esquerda que sobe rodeando a muralla ata chegar ó lugar do Sol, na estrada de Vedra a Santa Cruz.

4-5. Desde Sol, seguindo pola estrada que conduce á entrada do pazo, pasando polo núcleo de Torre de Abaixo ata chegar ó punto onde cruza o río.

5-6. Ribeira do río desde a estrada que conduce á entrada do Pazo, ata a estrada de Padrón a Ponte Ulla».

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes:

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde do concello de Vedra, provincia da Coruña, e comunicarlle que de acordo co artigo 35 de Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia «A incoación dun expediente de declaración de ben de interese cultural respecto dun inmoble determinará a suspensión das correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberán realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura».

Cuarto.-Notificarlle a presente resolución ó propietario, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Educación y Cultura, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletin Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de l mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de l997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

0453