Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 860

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno do pazo de Abellá, no concello de Oleiros, provincia da Coruña.

Por Resolución do l5 de febreiro de l982, (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), foi incoado expediente para a declaración como ben de interese cultural con categoría de monumento, a favor do Pazo de Abellá, no concello de Oleiros, provincia da Coruña.

Sendo a devandita incoación anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro ), é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno, para proceder á súa declaración.

En consecuencia, e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a delimitación do contorno

do Pazo de Abellá, concello de Oleiros, provincia da Coruña, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Ter por incoado expediente para a declaración da delimitación do contorno do Pazo de Abellá, concello de Oleiros, provincia da Coruña (artigo ll da Lei 8/1995, do 30 de outubro).

Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, sendo a delimitación a seguinte:

«l-2. Camiño veciñal lindante co predio, no seu lado este.

2-3. Camiño veciñal lindante co predio no seu lado norte.

3-4. Desde olímite norte do predio, camiño veciñal que discorre paralelo ó muro do predio no seu lado oeste ata onde este remata.

4-5. Liña paralela ó muro do predio no seu lado sur, ata onde este produce requebro.

5-6. Liña paralela á N-VI, nunha lonxitude de l00 m desde onde o muro sur do predio produce requebro ata o lugar do Campamento.

6-7. Liña perpendicular á N-VI desde o lugar do Campamento.

7-1. Nacional VI».

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes:

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde do concello de Oleiros, provincia da Coruña, e comunicarlle que de acordo co artigo 35 de Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia «A incoación dun expediente de declaración de ben de interese cultural respecto dun inmoble determinará a suspensión das correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberán realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura.»

Cuarto.-Notificarlle a presente resolución ó propietario, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Educación y Cultura, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletin Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de l mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de l997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

0452