Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 859

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1996 pola que se ordena publica-la decisión do xurado do premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

Por Orde do 27 de agosto de 1996 (DOG nº 175, do 6 de setembro) créase o premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago, co fin de recoñecer e recompensa-los méritos de todas aquelas institucións, asociacións ou entidades culturais que dediquen unha parte significativa da súa actividade á revitalización e promoción do Camiño de Santiago, contribuíndo así ó coñecemento e divulgación do significado histórico, relixioso e cultural da rota xacobea.

O artigo 4 da citada orde establece que o premio será outorgado por un xurado presidido polo conselleiro de Cultura e Comunicación Social ou persoa en quen delegue e integrado polo presidente do Comité Internacional de Expertos del Camino de Santiago, e polos presidentes das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

De acordo co citado artigo 4, as decisións do xurado serán inapelables e daranse a coñecer mediante publicación no DOG.

Por todo isto,

RESOLVO:

Artigo único.-Ordeno publica-la decisión do xurado do premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

O citado xurado, reunido en Santiago de Compostela os días 1 e 2 de decembro de 1996, acordou concederlle o premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago, ó proxecto presentado pola Confraternity of Saint James, polo refuxio de Rabanal do Camiño.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1996.

(P.D. Orde 24-6-1996)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

0451