Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 786

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de xaneiro de 1997 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Rosalía de Castro.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Rosalía de Castro, con domicilio en Padrón.

Supostos de feito.

1. Agustín Sixto Seco, como presidente, en representación do Padroado Rosalía de Castro, en escrito do nove de xaneiro de 1996, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día vintecatro de decembro de 1996, ante o notario do Colexio da Coruña, José Antonio Montero Pardo, co número dous mil trescentos vintecinco do seu protocolo por Agustín Sixto Seco, que intervén como presidente, en representación do Padroado Rosalía De Castro.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, os fins da fundación son, entre outros, soster e difundi-lo culto á memoria de Rosalía de Castro, do seu esposo Manuel Martínez Murguía e dos seus fillos, promove-lo estudio, edición e divulgación da súa obra e vida, da Galicia do seu tempo e da súa influencia posterior, creando un centro de estudios, na mesma sede que a fundación.

4. Os membros do padroado da fundación son os referidos no artigo 9 dos estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Rosalía De Castro, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa ads

crición á Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 13 de xaneiro de 1997.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Rosalía de Castro e adscribila á Consellería de Cultura e Comunicación Social, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

0141