Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai público o acordo de iniciación do expediente sancionador S-28/1996 seguido nesta delegación contra Ovidio Álvarez Domínguez.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, (BOE do 27 de novembro), faise público o acordo de iniciación recaído no expediente sancionador que se indica e que se lle segue nesta Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais ó presunto infractor que no anexo se sinala, xa que, intentándose a notificación deste no derradeiro domicilio coñecido, esta non se puido practicar.

O correspondente expediente figura a disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita na rúa Montevideo, nº 9.

Contra o dito acordo de iniciación poderá formular alegacións e aporta-las probas que considere pertinentes en defensa dos seus dereitos, no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Ó mesmo tempo advírteselle que transcorrido o dito prazo, seguirá o expediente o trámite ordinario podendo ser considerado o acordo de iniciación como proposta de resolución, no caso de que non se fagan alegacións.

ANEXO

Expediente: S-28/1996.

Interesado e domicilio coñecido: Ovidio Álvarez Domínguez. Polígono de Elviña, 1ª fase, bloque nº 1, nº 5, 1º Esq. A Coruña.

Feitos imputados: transportar sen reuni-las condicións hixiénico-sanitarias adecuadas 25 Kg de congro, 20 Kg de sardiñas, 20 Kg de bogas de mar, 15 Kg de raias e 35 Kg de xurel, para a súa posterior comercialización, no interior do vehículo marca Renault 4-F6, matrícula C-8311-T sen ningún tipo de distintivo nin homologación para o transporte de mercadorías perecedoiras, non acondicionado para este tipo de transporte, carecendo de refrixeración e aillamento térmico, atopándose o peixe de referencia en contacto directo co chan, sen albará, factura ou guía que ampare ou xustifique o transporte e procedencia da mercadoría, carecendo o seu conductor do preceptivo carné de manipulador de alimentos.

Preceptos infrinxidos: Art. 35 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; Art. 2 do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; Art. 1 do D. 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; Art. 3 do R.D. 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura; Art. 12 do R.D. 2483/1986, do 14 de novembro, polo que se aproba a regulamentación técnico sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada; D. 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o regulamento de manipuladores de alimentos.

Lugo, 7 de xaneiro de 1997.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Sanidade e Servicios Sociais

149