Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Ganaderos de Vacuno de Ponteceso.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Ganaderos de Vacuno de Ponteceso, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: gandeiros.

Asinan a acta de constitución: Francisco Javier Puñal Soneira e outra persoa máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 18 de decembro de 1996.

María Reyes Carabel Pedreira

Dlegada Provincial da Coruña

149