Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación que se cita. (Expediente 987/1996).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Sociedad Cooperativa del Mar Santa Eugenia Limitada, con enderezo social en Porto de Ribeira (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación seguinte:

-Central de coxeración grupo d, composta basicamente por dous grupos motor-xerador de 1 300 kVA cada un, tensión de xeración 3,3 kV; dous transformadores de 1 250 kVA de potencia unitaria, con relación de transformación 20±2,5+5%/3,3 kV, instalacións de interconexión e control, utilizándose gasóleo como combustible.

-Situación da instalación: Porto de Ribeira. Ribeira (A Coruña).

Orzamento: 117.407.500 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 14 de xaneiro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

178