Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se anuncia o levantamento das actas previas a ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de liña M.T. central de Castelo a Penagudín, concellos de Lalín e Vila de Cruces, a favor da empresa Severino Durán Rivas. (Expediente 4/1995 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 448/1996, do 20-12-1996, DOG nº 3, do 7-1-1997, que o día

7-2-1997, a partir das 11 horas se dará comezo ó levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados nos concellos de Lalín e Vila de Cruces, sinalados cos números que en folla xunta se detallan, previndo os ditos interesados de que na respectiva notificación individual que mediante cédula se lles practicará coa debida anticipación legal se sinalará, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén de que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o considerasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e no desta delegación.

Vigo, 11 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 4/1995 A.T.Provincia: Pontevedra

Liña M.T. central de Castelo a PenagudínConcello: Lalín

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonºmnºm

113/3Regueira de ValMonteLuis Iglesias GuitiérrezChares Grande, 23

Cercio (Lalín)

10100

118/3Regueira de ValMonteNicanor Blanco MouriñoCercio, 31 (Lalín)05

124Muíño da BustaPradoCesáreo Fernández IglesiasCercio, 31 (Lalín)3721251250

139Chares de OuteiroPradoConsuelo SaavedraR/ Areal s/n (Lalín)038

148O CarballiñoLaborConsuelo SaavedraR/ Areal s/n (Lalín)48,5485

153RivasLaborConsuelo SaavedraR/ Areal s/n (Lalín)47235337,25

162EspiñeiraMonteLuis Blanco PazosCamballón (enfronte a Garaxe Mosquera)

Vila de Cruces

662,5

164EspiñeiraLaborNicanor Blanco MouriñoCercio, 31 (Lalín)1171162,5

170CamballónMonteManuel Pereira GómezJuan de Garay, 4-3º Esq.

Santurce (Bilbao)

55190,5908

171CamballónMonteRamón Coego BelaiR/ Consulado de Bilbao, 9

Astrabudua, Erandio (Vizcaya)

55128275

Enandina Goego BelaiCarragos de Arriba, 28 (Lalín)55128275

171/3CamballónMonteManuel Pereira GómezJuan de Garay, 4-3º Esq.

Santurce (Bilbao)

24240

380