Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento da acta previa á ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 36/1996).

Autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica a 66 kV de 10.800 m de lonxitude, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a subestación do parque eólico de Malpica de Bergantiños, ata a subestación de Cabana de Bergantiños, no seu percorrido polos termos municipais de Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Cabana de Bergantiños (Expte. 36/1996), a favor da sociedade Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa), con enderezo na r/ Hórreo nº 94, entreplanta, 15702 Santiago de Compostela, por Resolución con data do 9 de xullo de 1996 desta delegación, que leva implícitas a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación por expropiación e imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica, polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, de conformidade co Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo de expropiación en materia de instalacións

eléctricas; a Lei 40/1994, do 30 de decembro (BOE do 31-12-1994), de ordenación do sistema eléctrico nacional; e Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG do 17-7-1995), da Consellería de Industria e Comercio que regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Fáixelles saber ós titulares dos predios que se conteñen nas relacións anexas, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que o representante da Administración e demais cargos cos propietarios e

interesados que concorran e se así o consideran, cos seus peritos e un notario pola súa conta, se constituirán nos predios o día 17 de febreiro de 1997 ás horas que a continuación se describen, para a toma de datos e levantar a continuación nas casa dos concellos as actas previas á ocupación; poderán, de conformidade co artigo 56 do Regulamento da LEF do 26 de abril de 1957, formular por escrito, ata o momento do levantamento das actas, alegacións para os sós efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados polo urxente ocupación en superficies de solo e voo, sen carácter de recurso.

Horario de comparecencia nos predios:

A partir das 10.30 horas predios nº 3 e 18 de Malpica de Bergantiños; a partir das 11.30 horas predios nº 104, 157, 201, 278/1 e 298 de Ponteceso;

e a partir das 13 horas predio nº 47 de Cabana de Bergantiños.

A publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, BOP e xornais El Correo Gallego e El Ideal Gallego, e a súa exposición nos taboleiros das casas dos concellos de Malpica de Bergatiños, Ponteceso e Cabana de Bergantiños, reálizase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzcan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa citada.

A Coruña, 7 de xaneiro de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 36/1996Provincia: A Coruña

Liña 66 kV Malpica de Bergantiños-Cabana de BergantiñosConcello: Malpica de Bergantiños

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

3Fonte da PíaMonteConcello de Malpica

de Bergantiños

R/ Emilio González, s/n

15113-Malpica

12218

18CerquendoMonteConcello de Malpica

de Bergantiños

R/ Emilio González, s/n

15113-Malpica

442006.902

Expediente nº: 36/1996Provincia: A Coruña

Liña 66 kV Malpica de Bergantiños-Cabana de BergantiñosConcello: Ponteceso

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

104Os PropiosMte. e pradoPedro Vilar GarcíaNemeño

15110-Ponteceso

10294

157EspiñoMonteHros. Teresa Castro Pose, Rpta. Santiago Sánchez CastroCampo da Feira

15175-Carral

10397

201CarqueixalMonteJosé Manuel Ures GarcíaR/ Mandeo, 37, 4ª

15100-Carballo

27887

278/1CernadasMonteDescoñecido280

298Monte AnllónsMonteHros. Juan Vila, Rpta. Pilar Vila ValcárcelR/ Linares Rivas, 38-40-1ºI

15160-Sada

3959301

Expediente nº: 36/1996Provincia: A Coruña

Liña 66 kV Malpica de Bergantiños-Cabana de BergantiñosConcello: Cabana de Bergantiños

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

47TeixeiroPradoMª Carmen Abelenda MartínezBar Novo

15110-Ponteceso

13244

444