Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 765

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (5/1986).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo

de menor contía 5/1986, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os autos acumulados de menor contía 5/1986, 215/1986, 439/1986, incoados por instancia do demandante Arturo Castro Brea, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e asistido do letrado José Paz Sueiro, contra a Xunta de Galicia, a Iglesia Católica e a cadea Cope-Radio Popular, representados polos procuradores Paz Montero e asistido do letrado Santiago Nogueira Romero e contra o Concello de Santiago de Compostela, representado polo procurador Reymóndez Portela e asistido do letrado Yáñez e a Deputación Provincial da Coruña, que foi declarada en rebeldía.

Decido que debo estimar e estimo as demandas interpostas por Arturo Castro Brea, representado polo procurador Regueiro Muñoz contra a Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela, representado polo procurador Reymóndez Portela, Deputación da Coruña, Concello de Santiago de Compostela e Radio Popular (Cope), representados ambos polo procurador Paz Montero, condenándoos a estar e pasar polas seguintes declaracións:

1. O predio descrito no feito primeiro da demanda sito na parroquia de Figueiras no termo municipal de Santiago de Compostela é propiedade do demandante e pertencente á sociedade de gananciais que forma coa súa esposa.

2. Que a parte deste predio ocupada pola Administración autonómica para a súa utilización pola CRTVG, cunha edificación, colocación dunha torreta e outros elementos accesorios pola dita Administración e por Radio Popular (Cope), deben facer solta e deixación del logo de demolición do edificado e retirada de tódolos materiais resultantes dela, e en xeral de todo aquilo co que se verificou a dita ocupación, facendo entrega deses terreos ó demandante.

3. Que tódolos demandados deben absterse de todo acto posesorio ou dominio sobre o predio descrito no feito primeiro das demandas, indemnizando solidariamente o demandante (con excepción da deputación provincial) en calquera dano e perda causados no seu aproveitamento, que se determinará en execución de sentencia.

4. As custas procesuais, excepción feita da Deputación Provincial da Coruña e con expresa declaración de temeridade no Concello de Santiago de Compostela.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de apelación perante este xulgado, no prazo de cinco días seguintes á súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous».

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada, en situación procesual de rebeldía, persoas físicas e xurídicas decoñecidas e incertas, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o dous de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

514