Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 766

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (99/1994-03).

Ramón Lojo Aller, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido. Fago saber que na executoria 99/1994, seguida por procedemento de xura de contas, contra José Antonio Castro Vilanova, acordouse sacar a poxa pública, por primeira vez, segunda e terceira vez e por termo de vinte días, o vehículo propiedade do penado José Antonio Castro Vilanova; vehículo marca Seat, modelo Ibiza, 1.2, matrícula C-5803-AP, con data de matriculación o 19-9-1989 e en bo estado de funcionamento e valorado pericialmente en duascentas setenta e cinco mil pesetas (275.000 ptas.).

Para o acto da poxa sinálase o vindeiro día 29 de xaneiro de 1997, ás doce horas na sala de audiencia deste xulgado e os días 28 de febreiro de 1997 ás doce horas e 28 de marzo de 1997 ás doce horas, para o suposto de que non houbese licitadores respectivamente na primeira e segunda poxas.

Prevense os licitadores:

1. Que servirá de tipo para a primeira poxa o prezo de taxación de duascentas setenta e cinco mil pesetas (275.000 ptas.), as 2/3 partes del para a segunda e, a terceira, se é o caso, celebrarase sen suxección a tipo.

2. O remate non se poderá facer en calidade de o ceder a un terceiro.

3. Para tomar parte na poxa, deberán consignar na mesa do xulgado o 20% de tipo polo que sae a poxa; e en tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, acompañando resgardo de ter depositada a consignación no BBV, oficina principal de Santiago de Compostela, número de conta 66.000-4, calve 1585, concepto 78, executoria 99/1994.

O vehículo e a documentación del atópanse en poder do seu propietario José Antonio Castro Vilanova, sito en Cespón-Quinteiro (Boiro).

Dado en Santiago de Compostela o once de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

271