Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 1997, do Servicio de Inspección Tributaria de Pontevedra, polo que se notifica acordo de liquidación de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, período 1990, derivado de acta de inspección.

Segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese a notificar a ACRESU, S.L., con NIF B-36100659, con último domicilio coñecido é en r/ Castelao, nº 3 entresollado, Bueu.

Imposto: transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Período: 1990.

Concepto: sanción do 60 por 100 sobre cota tributaria de 57.334 pesetas liquidada en acta de inspección nº 1047.3, modelo A02, incoada con data 21 de abril de 1995, segundo o seguinte detalle:

Base impoñible: 955.570 pesetas.

Cota liquidada en acta A02: 57.334 pesetas.

Sanción 60 por 100: 34.400 pesetas.

Débeda tributaria parcial: 34.400 pesetas.

Advertindo o contribuínte que contra esta liquidación pode interpoñer recurso de reposición perante este servicio de inspección, no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional da Coruña (Secretaría Delegada de Pontevedra) no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 1997.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

262