Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 765

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (277/1995).

En virtude do que se acordou en resolución do día da data, dictada no xuízo de maior contía 277/1995 (antes maior contía acumulados 181/1984 e 450/1985 do extinto Xulgado de Primeira Instancia número tres) ante este xulgado, por instancia de Carmen García Suárez e outro, representada polo procurador Reymóndez Portela, contra María Lourdes Cambón Negreira e outros, sobre nulidade de testamento e escritura de doazón, por medio da presente cédula son citados os interesados Herminia e Jesús Cambón Negreira, co fin de que o día 19 de febreiro, ás 12.30 horas, comparezan neste xulgado co obxecto de forma-lo correspondente inventario para inicia-la liquidación da sociedade de gananciais que existía entre a falecida María Negreira Vila e o tamén falecido José Cambón Suárez, para verificar despois a este coa súa segunda esposa aínda viva, Carmen García Suárez.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1996.

O secretario xudicial

518