Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 764

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (65/1996).

En Padrón o 18 de decembro de 1996. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón acordou en autos de xuízo verbal civil 65/1996, notifica-la sentencia recaída ós herdeiros de Isidro Hermón Vilanova, sentencia con encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Padrón o 9 de decembro de 1996. Vistos por María Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, os autos de xuízo verbal civil 65/1996, promovidos por Ramona Yáñez Abuín contra Aurora, Asunción, María, Josefa e Isidro Hermo Vilanova, así como herdeiros de Isidro Hermo Vilanova, todos eles en situación procesual de rebeldía, sobre permisión de realización de obras.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda formulada por Ramona Yáñez Abuín contra Asunción Hermo Vilanova e herdeiros de Isidro Hermo Vilanova, declaro:

a) Que os demandados están obrigados a consentir que a actora coloque na súa herdade andamios para proceder ó recebo da parede suroeste da casa número 51 de Pazo-Rianxo e á colocación nela de material que se considere máis aconsellable desde o punto de vista técnico, para evitar filtracións de auga da chuvia.

b) A permiti-lo paso de materiais polo predio dos demandados a tales fins, durante o tempo que duren as obras, sen que en ningún caso poida supera-lo tempo dun mes desde o inicio da súa execución, estando a parte actora obrigada a aboarlles ós demandados a totalidade dos danos e perdas que se lles irrogue polo recoñecemento da dita servidume, que se determinaran en execución de sentencia, unha vez que se executasen as obras e sen que poida supera-la contía de 50.000 pesetas, con expresa imposición de custas ós demandados.

Dedúzase testemuño da presente resolución, que se unirá ós autos, con inclusión do orixinal no libro de sentencias.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial en cinco días.

Así por esta miña sentencia o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación ós herdeiros de Isidro Hermo Vilanova, expido o presente edicto en Padrón o 18 de decembro de 1996.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

376