Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 764

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á conclusión da fase de oposición.

De conformidade co previsto nos apartados 14, 15 e 16 da base sexta da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) e do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, unha vez rematadas as probas selectivas que compoñen a fase de oposición, procede que os respectivos tribunais publiquen a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición pola orde de puntuación total obtida, así como abri-lo prazo para que os ditos aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen na fase de concurso. Ademais, os tribunais poderán declarar que superaron a fase de oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas na categoría correspondente.

Adoptado acordo ó respecto polos respectivos tribunais sobre a resolución, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de expoñe-los listados correspondentes nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste, facultándose para isto expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVO:

Primeiro.-Declarar rematada a fase de oposición nas categorías de TEL, TER, TEAP, cociñeiro, mecánico, calefactor, telefonista, electricista e celador.

Segundo.-Publica-la relación alfabética e a relación pola orde de puntuación alcanzada no conxunto dos exercicios dos aspirantes que superaron a fase de oposición das citadas categorías.

Terceiro.-Abri-lo prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que

os ditos aspirantes presenten a súa solicitude de participación na fase de concurso, acompañada coa documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

Cuarto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da devandita convocatoria.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

9494