Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 757

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de xaneiro de 1997 pola que se establecen as tarxetas acreditativas das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer e o procedemento para a súa obtención.

O Real decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, sobre o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios en materia de ensinanzas náutico-deportivas, transfírelle á comunidade autónoma, entre outras funcións, a emisión dos títulos habilitantes para o goberno das embarcacións de lecer e das súas tarxetas acreditativas, establecidas pola Orde do 31 de xaneiro de 1990 do Ministerio de Transporte, Turismo e Comunicacións.

O Decreto 77/1996, do 29 de febreiro, asígnalle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura as funcións e servicios transferidos, correspondéndolle o exercicio destas á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Iniciado o exercicio destas funcións coa convocatoria de probas para a obtención das correspondentes titulacións, é preciso regulamenta-lo procedemento para a obtención dos títulos e as tarxetas acreditativas das correspondentes titulacións e defini-las características físicas de cada unha delas dentro do marco normativo xeral en vigor no Estado.

Por outra banda e co obxecto de darlle coherencia a todo o conxunto de tarxetas que autorizan o goberno de embarcacións de lecer e logo de consulta e conformidade das Federacións Galegas de Motonáutica e de Vela, establécese tamén o formato das correspondentes autorizacións federativas definidas na disposición quinta da citada orde do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións. Polo exposto,

DISPOÑO:

I. Disposicións xerais

Artigo 1º

Os títulos e tarxetas de identidade correspondentes, acreditativos das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer, serán emitidos logo de solicitude do interesado de acordo co establecido na presente orde.

Artigo 2º

A validación das autorizacións federativas para embarcacións de vela ou motor a que se refire a diposición quinta da Orde do 31 de xaneiro de 1990 do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, realizarase mediante o visto e prace da consellería segundo o establecido no artigo 22º desta orde.

Artigo 3º

Os títulos e tarxetas de identidade marítima correspondentes serán emitidos ou validados pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación a través do seu Negociado de Titulacións.

Artigo 4º

Créase o Rexistro de Titulacións Náutico-Deportivas, coas funcións de anotación, seguimento e control dos títulos e tarxetas emitidas, correspondéndolle a súa custodia ó Negociado de Titulacións da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

II. Dos títulos acreditativos das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer

Artigo 5º

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura emitirá para os interesados o título acreditativo que habilita para o goberno de embarcacións de lecer que lle corresponda, segundo as probas que teña superado, de acordo co modelo do anexo I.

III. Das tarxetas de identidade acreditativas de titulacións ou autorizacións federativas

Artigo 6º

As tarxetas acreditativas son persoais e intransferibles, correspondéndolle a responsabilidade do seu uso e custodia ó seu titular, podendo esixirse as que correspondan por utilización indebida.

Non é válida para efectos de acredita-la identidade do titular, debendo acompañarse do DNI.

Artigo 7º

É valida en todo o territorio do Estado español segundo o Real decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensinanzas náutico-deportivas e subacuático-deportivas.

Artigo 8º

As tarxetas emitidas pola Comunidade Autónoma de Galicia corresponderanse segundo titulacións cos modelos e características que se establecen no anexo II da presente orde.

Artigo 9º

As tarxetas de identidade marítima terán unha validez de 10 anos a partir da súa data de emisión.

Artigo 10º

As tarxetas das autorizacións federativas emitidas polas Federacións Galegas de Vela e Motonaútica corresponderanse cos modelos e características que se establecen no anexo II da presente orde.

Artigo 11º

As tarxetas das autorizacións federativas das correspondentes federacións terán unha validez de 5 anos a partir da súa data de emisión.

IV. Do procedemento de emisión e renovación de títulos e tarxetas

Artigo 12º

Os interesados que, logo de supera-las probas de aptitude, desexen que se lles emita o correspondente título e tarxeta de identidade, deberán solicitalo por escrito na solicitude do modelo do anexo III acompañando a documentación que se indica para cada un.

Artigo 13º

A documentación necesaria para a obtención do título e tarxeta de identidade marítima correspondente a patrón de embarcacións de lecer ou patrón de embarcacións de lecer restrinxido a motor é a que segue:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo III.

2. Unha fotografía recente tamaño carné, co nome do solicitante escrito ó dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

5. Certificado de recoñecemento médico, onde conste expresamente que foi realizado de acordo co disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 22 de xuño de 1990.

Artigo 14º

A documentación necesaria para a obtención do título e tarxeta de identidade marítima correspondente a patrón de iate é a que segue:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo III.

2. Unha fotografía recente tamaño carné, co nome do solicitante escrito ó dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

5. Certificado acreditativo de ter feitos setenta e cinco días de navegación nas condicións que se determinan no artigo 4 da Orde do 31 de xaneiro de 1990 do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións.

6. Certificado de recoñecemento médico, onde conste expresamente que foi realizado de acordo co disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 22 de xuño de 1990.

Artigo 15º

A documentación necesaria para a obtención do título e tarxeta de identidade marítima correspondente a patrón de iate habilitado para navegación de altura é a que segue:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo III.

2. Unha fotografía recente tamaño carné, co nome do solicitante escrito ó dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

5. Certificado acreditativo de ter feitos setenta e cinco días de navegación nas condicións que se determinan no artigo 4 da Orde do 31 de xaneiro de 1990 do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións.

6. Certificado de recoñecemento médico onde conste expresamente que foi realizado de acordo co

disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 22 de xuño de 1990.

Artigo 16º

A documentación necesaria para a obtención do título e tarxeta de identidade marítima correspondente a capitán de iate é a que segue:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo III.

2. Unha fotografía recente tamaño carné, co nome do solicitante escrito ó dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

5. Certificado acreditativo de ter feitos cento cincuenta días de navegación nas condicións que se determinan no artigo 4 da Orde do 31 de xaneiro de 1990 do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións.

6. Certificado de recoñecemento médico, onde conste expresamente que foi realizado de acordo co disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 22 de xuño de 1990.

Artigo 17º

Os certificados a que fai referencia o punto 5 dos artigos 14º, 15º e 16º, serán expedidos polas capitanías marítimas correspondentes ou por un Club Náutico co visto e prace da citada autoridade de acordo coas normas en vigor.

Os días de navegación deberán efectuarse no mar, computaranse tódolos días nos que se saíse ó mar.

Se o certificado se expide a vista da licencia de navegación, só se computarán como válidos os dous tercios dos días certificados.

Artigo 18º

A renovación das tarxetas de identidade marítima deberá ser solicitada polos interesados no último trimestre da súa vixencia mediante a solicitude do modelo do anexo III acompañada da documentación que se indica.

De non realizarse a súa solicitude neste prazo, deberá solicitarse a emisión dunha nova de acordo co establecido nos artigos anteriores.

As tarxetas correspondentes a titulacións anteriores a Orde do 31 de xaneiro de 1990 do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, renovaranse de acordo co establecido neste artigo e concordantes.

Artigo 19º

A documentación necesaria para a renovación das tarxetas de identidade marítima é a que segue:

1. Solicitude do interesado segundo o modelo do anexo III.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome do solicitante escrito ó dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Tarxeta orixinal que se vaia renovar.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

6. Certificado de recoñecemento médico, onde conste expresamente que foi realizado de acordo co disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 22 de xuño de 1990.

Artigo 20º

En caso de extravío, roubo ou destrucción física da tarxeta, poderá expedirse un duplicado que manterá a data de caducidade que correspondera a orixinal.

Na nova tarxeta emitida para substituí-la orixinal, farase constar que é duplicado por perda ou destrución do orixinal.

Para os efectos do aboamento de taxas, o duplicado terá a consideración dunha renovación.

A emisión do duplicado realizarase logo de solicitude do interesado. A documentación necesaria para a súa solicitude é a que segue:

1. Solicitude do interesado segundo o modelo do anexo III.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome do solicitante escrito ó dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Declaración que faga fe das circunstancias do extravío ou destrucción da tarxeta ou copia da denuncia de roubo onde conste o da tarxeta.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

6. Se transcorren máis dun ano desde a data de emisión ou renovación da orixinal, certificado de recoñecemento médico, onde conste expresamente que foi realizado de acordo co disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 22 de xuño de 1990.

Artigo 21º

As tarxetas serán enviadas ó domicilio indicado polo titular na súa solicitude por medio que garanta e xustifique a súa entrega. En caso de non ser recollida polo titular, será depositada no rexistro de titulacións, onde poderá recollela persoalmente o titular.

Artigo 22º

A validación das tarxetas das autorizacións federativas emitidas polas Federacións Galegas de Vela e Motonáutica será solicitada pola federación emisora.

A documentación necesaria para a súa solicitude é a que segue:

1. Solicitude de validación onde consten os seguintes datos:

a) Lugares e datas e horario de celebración das probas.

b) Composición do tribunal examinador.

c) Data de emisión da tarxeta.

2. Relación nominal das tarxetas que se vaian validar onde conste o DNI de cada titular.

3. Xustificante de ingreso das taxas correspondentes ó numero de tarxetas a validar.

4. Arquivos informáticos dos datos anteriores.

Artigo 23º

A validación directa de titulacións profesionais ou doutra índole polas titulacións náutico-deportivas que corresponda, segundo as normas en vigor, deberán solicitarse por escrito á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, segundo modelo do anexo III. A dita validación en caso de ser aceptada, dará lugar á emisión do correspondente título e tarxeta de identidade marítima.

A documentación necesaria para a súa solicitude é a que segue:

1. Solicitude do interesado segundo o modelo do anexo III.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné co nome do solicitante escrito ó dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Documento que acredite estar en posesión da titulación na que se basea a validación.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

Para os efectos do aboamento de taxas terán a consideración da emisión dunha nova tarxeta.

Artigo 24º

A validación de disciplinas que corresponda realizar por estar en posesión de determinadas titulacións profesionais que non dan acceso directo ás titulacións naútico, deportivas deberán solicitarse do tribunal examinador correspondente á vez que se solicita a inscrición ó exame.

Disposicións derradeiras

Artigo 25º

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 26º

Facultase a Dirección Xeral de Formación Pesqueira para a publicación daquelas disposicións necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

351