Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 14 de xaneiro de 1997 pola que se convocan bolsas de especialización para titulados superiores no eido da investigación agraria.

O desenvolvemento dos sectores agrícolas, gandeiros e forestais, promóvense baseándose nunha mellor utilización de técnicas e recursos que esixen cada vez máis, a presencia de persoal con alto nivel de formación e cualificación específica. Esta demanda crea a necesidade de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria, que irá encamiñada a cubrir e promove-las actividades de formación e prácticas que van ser exercidas por estes titulados.

Polo exposto, esta consellería, en virtude das atribucións que ten conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e o seu presidente, e os artigos 1 e 3 do Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPÓN:

Artigo 1º

Con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.432B.480.00, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997, convócanse tres (3) bolsas para especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria.

A concesión destas axudas rexerase polas bases do anexo I a esta orde.

Artigo 2º

O importe global máximo que alcanzarán en 1997 as axudas convocadas é de 3.875.000 ptas. brutas incluíndo primas de seguro colectivo por importe de 95.000 ptas. para a cobertura de accidentes e da responsabilidade civil dos bolseiros.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de enero de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

BASES

Primeira.-Obxecto e dotación.

O obxecto da presente convocatoria é a concesión de tres (3) bolsas ou axudas económicas para o ano 1997, prorrogables por anualidades ata un total de tres anos, segundo o establecido na base décima.

Segunda.-Áreas de especializacón e situación.

-Selvicultura e mellora do nogueira (1 bolsa). Con destino no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán-Pontevedra.

-Nutrición e manexo de gando vacún leiteiro (1 bolsa). Con destino no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, San Tirso de Mabegondo-Abegondo-A Coruña.

-Selección clonal e sanitaria de variedades de vides autóctonas de Galicia (1 bolsa). Con destino na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Ponte San Clodio, Leiro-Ourense.

Terceira.-Contía.

A contía das axudas será de 105.000 ptas. mensuais, nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

Cuarta.-Carácter da bolsa.

Dado o seu carácter formativo e de especialización, a concesión destas bolsas non implica relación laboral ou administrativa entre o beneficiario e a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, aínda que si, a aceptación do regulamento e normas de réxime interno do Centro de Investigación onde realiza a súa formación, nin dará lugar á súa inclusión na Seguridade Social, se ben quedará incluído nunha póliza colectiva de seguro de accidentes durante o período desta concesión.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. O desfrute da bolsa é imcompatible coa percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas.

Quinta.-Condicións xerais.

Para obtar a estas bolsas é necesario:

a) Ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter veciñanza administrativa en Galicia ou ser natural de Galicia ou fillo de emigrantes galegos no exterior.

c) Posuí-las titulacións que de seguido se relacionan para cada área de especialización:

-Selvicultura e mellora da nogueira (enxeñeiro de Montes).

-Nutrición e manexo de gando vacún leiteiro (enxeñeiro agrónomo ou veterinario).

-Selección clonal e sanitaria de variedades de vides autóctonas de Galicia (enxeñeiro agrónomo ou biólogo).

Sexta.-Solicitudes e documentación.

1. A solicitude destas bolsas farase segundo modelo do anexo II, dirixido ó director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, xunto cos seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI, ou no caso que proceda fotocopia do pasaporte.

b) Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

c) Certificación académica completa de cualificacións, e fotocopia compulsada do título correspondente, ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

d) Declaración xurada de renuncia a outras bolsas, remuneracións ou axudas, no caso de ser seleccionado.

e) No caso de títulos expedidos por centros non pertencentes á Unión Europea, será necesario que estean homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

f) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o solicitante considere de interese en relación coa área de especialización da bolsa.

2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

3. O prazo de presentación de solicitudes rematará ós 15 días hábiles, contados desde o día hábil seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

Sétima.-Outorgamento da bolsa.

1. As bolsas serán adxudicadas polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, por proposta da Comisión avaliadora.

2. A Comisión Avaliadora estará presidida polo director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural e integrada polos seguintes membros:

Vocais: o director do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria; o director do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán; o director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo; e o director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Leiro.

Secretario: un funcionario administrativo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes designado polo presidente da Comisión Avaliadora.

3. A selección realizarase tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

a) Valoración do expediente académico:

-Matrícula de honra: 5 puntos.

-Sobresaliente: 4 puntos.

-Notable: 3 puntos.

-Ben: 2 puntos.

-Aprobado: 1 punto.

Suma puntos de notas x 5

Valoración total= =

Número de materias

b) Outras valoracións:

Poderanse valorar tamén, sempre que resulten perfectamente acreditados documentalmente:

-Coñecementos informáticos: ata 4 puntos.

-Coñecementos de galego:

Curso de iniciación: 2 puntos.

Curso de perfeccionamento: 4 puntos.

(máximo 4 puntos)

-Outros idiomas: ata 3 puntos, por cada idioma.

-Experiencia acreditada de traballo e formación, en relación coa área de especialización da bolsa que solicita: ata 10 puntos.

4. Efectuada a selección pola Comisión Avaliadora, o resultado será publicado nos taboleiros de anuncios dos Centros de Investigacións de Lourizán, Mabegondo e Leiro, sen prexuízo da comunicación persoal ós solicitantes que resulten adxudicatarios. Os bolseiros seleccionados deberán incorporarse ó seu destino no prazo de quince días.

Oitava.-Efectividade e obrigas do bolseiro.

1. Incorporado o bolseiro ó lugar de desenvolvemento da bolsa, e logo de notificación da incorporación polo director responsable de cada centro de investigación, procederase mensualmente ó pagamento da cantidade mensual fixada na base terceira.

2. A ausencia inxustificada, o baixo interese e rendemento, o non cumprimento das normas de réxime interno, así como a non realización dos traballos propostos, serán causa da perda da bolsa, logo do informe do titor da especialización e o director do centro de investigación repectivo.

3. Antes do pagamento da última mensualidade o bolseiro fará entrega dun informe por escrito sobre os traballos desenvolvidos no período de formación, ó que se acompañará informe do titor da área de especialización, dando coñecemento de todo iso ó respectivo director do centro de investigación. O

incumprimento deste requisito dará lugar á perda da última mensualidade.

4. Ó termo do período completo da bolsa, o centro de investigación correspondente, emitirá unha certificación a favor do bolseiro para os efectos do seu currículum vitae.

Novena.-Renuncia á bolsa concedida.

No caso de renuncia á bolsa concedida, o bolseiro presentará unha solicitude fundamentada. A vacante poderá ser cuberta por un suplente nomeado seguindo a orde da puntuación acadada na selección.

Décima.

Transcorrido o período anual de desfrute da bolsa, e logo do informe favorable do titor e do director do centro de investigación correspondente, e sempre que exista crédito na partida orzamentaria, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, poderá acordar prórrogas que non excedan da anualidade orzamentaria da bolsa en desfrute ata un máximo de 3 anos nas mesmas condicións nas que se concedeu a orixinaria.

314