Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 14 de xaneiro de 1997 pola que se particulariza para o exercicio orzamentario de 1997 o procedemento de xestión das axudas comunitarias relativas á mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios e silvícolas.

A orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 8 de setembro de 1995 (DOG nº 186 do 27) regula para o período 1994-1999 no ámbito desta comunidade autónoma, o procedemento de xestión das axudas establecidas nos regulamentos (CEE) 866/1990 e 867/1990 modificados polos 3669/1993 e 2843/1994, así como no Real decreto 633/1995, do 21 de abril.

O artigo 10 da dita orde particularizaba as condicións específicas para o exercicio orzamentario de 1995. Co próximo inicio do exercicio orzamentario de 1997, cómpre establece-las condicións particulares das ditas axudas para o citado ano.

Por todo iso, e de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo único.

As condicións particulares para a xestión das axudas comunitarias relativas á mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios e silvícolas, durante o exercicio orzamentario de 1997 serán as seguintes:

1. Os investimentos incluídos na petición de axuda non poderán estar iniciados con anterioridade á presentación dela.

2. A data máxima de presentación de solicitudes será o 30 de outubro de 1997.

Disposicións adicionais

Primeira.-O aboamento das subvencións establecerase con cargo ó concepto orzamentario 0903. 711 A.770.0 (2.396.000.000 de ptas.) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, así como con cargo ós remanentes non comprometidos incorporados dos anos 1995 e 1996 ó mesmo concepto.

Segunda.-Ademais do previsto particularmente na presente orde, os modelos de solicitude, documentación e o procedemento de xestión das axudas será o establecido con carácter xeral na Orde do 8 de setembro de 1995 (DOG nº 186, do 27 de setembro).

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

301