Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 13 de xaneiro de 1997 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas e asociacións de empresas para a realización de investimentos en infraestructuras e investigacións dos recursos mineiros encamiñados ó mellor coñecemento e aproveitamento dos recursos obxecto de explotación para o ano 1997.

As baixas cotizacións de diversas substancias mineiras explotadas na Comunidade Autónoma foi e segue sendo causa da paralización dos traballos de extracción destas, cos conseguintes problemas que isto trae consigo. Ó mesmo tempo, outras substancias minerais de conocida existencia, algunhas delas no noso subsolo, están adquirindo día a día maior importancia.

O desenvolvemento tecnolóxico esixe unha maior calidade das materias primas, especialmente daquelas que se incorporan a procesos de novas tecnoloxías

e, para conseguilo, é necesario mellorar e crear novos procesos e productos de especificacións moi esixentes. Para isto é imprescindible que as empresas mineiras acometan investigacións, sempre de alto risco, tanto para a creación de novas tecnoloxías, como de recoñecemento de novos depósios.

Por outra parte, para a consecución das metas anteriores, é de todo punto imprescindible, mellora-las sempre deficientes infraestructuras mineiras mediante a incentivación necesaria. Na súa virtude, e en uso das atribucións que me foron conferidas,

DlSPOÑO:

Artigo 1º

Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.641-A.770.0 transferencias de capital. Empresas privadas. Fomento de investigación mineira, augas e explotación de lousas, establécense axudas económicas para aquelas empresas e asociacións de empresas que realicen investimentos en infraestructuras e investigacións dos recursos mineiros dentro das seguintes áreas de aplicación:

a) Investigacións tecnolóxicas para definir novos procesos de explotación, tratamento e elaboración, mellora de productos e obtención de novos productos.

b) Aplicación de novas tecnoloxías e incorporación de equipos innovadores nos procesos de explotación, tratamento e elaboración.

c) Investimentos en infraestructuras para a explotación dos recursos.

d) Estudios sobre a minería non ligados ás anteriores áreas.

Artigo 2º

A contía das subvencións poderá acadar ata o 45% do investimento subvencionable nos apartados a), b) e c) anteriores e ata o 100% no caso de estudios do apartado d).

Artigo 3º

As solicitudes, dirixidas ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio ou mediante algunha das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º

1. As solicitudes axustaranse ó modelo que figura como anexo e deberán presentarse por triplicado exemplares acompañadas dos seguintes documentos:

a) Proxecto de investigación ou infraestructuras, ou estudio, se é o caso, incluíndo unha memoria

descritiva da actividade que se vai desenvolver, finalidade e prazo de execución.

b) Copia cotexada do NIF ou do CIF.

c) Declaración de axudas solicitadas, obtidas ou que se prevé solicitar para o mesmo investimento en calquera outra institución, organismo ou Administración pública.

d) Certificado expedido polo delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de inscrición no Rexistro Industrial e a súa actualización, cando proceda.

e) Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia y de estar ó corrente nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

2. O proxecto de investigación ou infraestructuras deberá contar, como mínimo, cos seguintes apartados:

a) Finalidade de investigación ou infraestructuras proxectadas.

b) Descrición dos traballos que se realizarán.

c) Medios técnicos e humanos para a súa realización.

d) Tempo previsto para a execución.

e) Orzamento dos investimentos que se van realizar.

f) Toda aquela información que o solicitante da subvención crea de interese para unir ó proxecto.

Artigo 5º

Se a solicitude de subvención non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior o interesado será requirido para que, nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese, considerarase desistido na súa petición, que se arquivará sen máis trámites.

Examinada a documentación e emitido o correspondente informe técnico, o conselleiro de Industria e Comercio ou o delegado provincial, conforme o establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provinciales ou territoriais da Xunta de Galicia, dictará a resolución que proceda.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario, coas condicións especificas que recolle esta orde e as que, se é o caso, se inclúan na resolución.

Artigo 6º

Os criterios que servirán de base para avalia-la prioridade das peticións presentadas serán os seguintes:

a) Minerais que presenten un claro futuro na súas aplicacións ou demanda.

b) Os traballos de investigación mineralúrxica que se desempeñen en colaboración co laboratorio mineralúrxico da Grela (A Coruña).

c) Factores de carácter social da zona onde teña aplicación a investigación.

d) Melloras que, como consecuencia da investigación tecnolóxica, se poidan introducir nas instalacións de tratamento e/ou nos propios productos.

e) Vantaxes derivadas de novas infraestructuras mineiras ou mellora das existentes.

f) Aqueles estudios sobre localización que investiguen recursos con claras expectativas de apertura dunha nova explotación mineira a curto prazo.

Artigo 7º

A non notificación da resolución no prazo de tres meses desde a presentación da correspondente solicitude determinará a súa desestimación presunta, quedando expedita a vía contencioso-administrativa.

Artigo 8º

Para o pagamento das axudas indicadas será indispensable a presentación antes do 30 de novembro de 1997, ante a delegación provincial correspondente, por triplicado exemplar, dos seguintes documentos:

a) Memoria final onde se inclúan as conclusións da realización do proxecto ou estudio.

b) Xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado.

Os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio analizarán a memoria xustificativa e, se, ó seu xuízo, se realizou cos niveis de calidade esixidos e os investimentos están debidamente acreditados, proporá o pagamento da subvención.

Os órganos competentes da Consellería de Industria e Comercio poderán solicita-las aclaracións ou informes que se consideren convenientes e, no caso de non seren remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se lle sinale, considerarase que renuncia á subvención.

Artigo 9º

Para o libramento e posterior aboamento da subvención unirase á documentación que se sinala no artigo anterior, certificación da conta bancaria onde debe realizarse o pagamento, expedida pola propia entidade bancaria, así como os certificados acreditativos de estar ó corrente nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento nin

gunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 10º

1. En caso de que o investimento ou a actividade realizada tivese un custo inferior ó inicialmente previsto, a axuda reducirase proporcionalmente.

2. Cando por concorrencia de subvencións ou axudas, o importe total subvencionado exceda, se é o caso, dos límites máximos establecidos no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, procederá ó reintegro do exceso percibido á Admistración autonómica, sen prexuízo doutras responsabilidades que puidesen derivarse.

Artigo 11º

1. No caso de que o beneficiario das subvencións incumprira algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Industria e Comercio instruirá o correspondente expediente sancionador, conforme o previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro e Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

2. Procederá o reintegro da axuda e dos xuros de demora nos supostos previstos no apartado 5º do artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. As cantidades que hai que reintegrar tenderán á consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 a 23 da citada lei.

Artigo 12º

En caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas procederase conforme o artigo anterior.

Artigo 13º

Con independencia do establecido na presente orde, en todo caso haberá que aterse ó disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financiero presupostario de Galicia, na Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Industria para que dicte as disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

0293