Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 730

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Pentatlón moderno e Triatlón.

Vistos os estatutos da federación e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 13-7-1996.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e auto

riza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón

Capítulo I

Denominación, domicilio social e finalidade

Artigo 1.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón é unha entidade de dereito privado que reúne xogadores, adestradores, árbitros, así coma clubs, asociacións, agrupacións e a totalidade de entidades dedicadas á práctica do pentatlón moderno e triatlón no territorio galego.

Artigo 2º.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón ten plena personalidade xurídica propia, e absoluta capacidade de obrar para o logro da consecución dos seus fins, sen ánimo de lucro e de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia, Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, os estatutos da Federación Española de Pentatlón Moderno e Triatlón, o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia e Orde do 28 de xullo de 1995 que a desenvolve, os presentes estatutos, regulamentos e disposicións que no desenvolvemento cotián se acorden na asemblea e outros órganos de goberno competentes para o efecto da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Artigo 3º.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón ten o seu domicilio na Avda. da Coruña nº 39, galerías; 27003 Lugo.

Artigo 4º.-É función da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón ordenar, dirixir e planificar tódalas actividades do pentatlón moderno e triatlón en Galicia, en coordinación co organismo competente da Xunta de Galicia, e formar parte da Federación Española de Pentatlón Moderno e Triatlón de acordo co Decreto 228/1994 da Xunta de Galicia, en coordinación cos estatutos da Federación Española de Pentatlón Moderno e Triatlón e disposicións que traten das actividades de ámbito español e da I.T.U. no ámbito internacional.

Artigo 5º.-Son competencias da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón:

1. Promociona-lo desenvolvemento e práctica do pentatlón moderno e triatlón, regulamentar e coordina-lo aspecto técnico e organiza-los campionatos e competicións da súa xurisdicción.

2. Regula-lo réxime xurídico e disciplinario dos clubs, asociacións, agrupacións, comités e a totalidade das entidades, xogadores, adestradores, árbitros, oficiais de mesa, técnicos arbitrais, directivos e, en fin, de tódalas aquelas persoas que dalgún xeito interveñan na organización e práctica do pen

tatlón moderno e triatlón, cumprindo sempre as disposicións vixentes sobre estes casos.

3. Formar e cualificar persoal técnico e deportivo especializado.

4. Coordina-las funcións e competencias das federacións zonais e delegacións comarcais.

5. Regula-lo seu réxime disciplinario e velar polo seu cumprimento.

6. Asignar, controlar e fiscaliza-las axudas e subvencións ós seus afiliados.

Artigo 6º.-No ámbito internacional, a Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón participará en competicións de acordo co que establezan as disposicións vixentes.

Capítulo II

Requisitos para ser membro da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, estatuto, dereitos e deberes dos seus afiliados

Sección primeira

Clubs

Artigo 7º.-Son clubs de pentatlón moderno e triatlón as asociacións con personalidade xurídica e capacidade de obrar que teñan por obxecto o fomento e a práctica do pentatlón moderno e triatlón, e estean afiliados á Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Para afiliarse á Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón o club ou entidade deberán solicitalo por escrito xuntando copia dos seus estatutos. Tamén deberán afiliarse á Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón as asociacións de clubs que poidan crearse e sempre como trámite previo para a asunción de competencias expresamente delegadas pola FGPMeT. Os acordos tomados polas asociacións en uso da dita delegación deberán serlle notificados á FGPMeT dentro do prazo dos 10 días seguintes á data da súa adopción.

Tódolos clubs e entidades afiliadas á Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón estarán sometidos ás normas e disposicións emanadas desta; contribuirán ó cumprimento das distintas finalidades dunha forma harmónica e activa, baixo os principios democráticos dos presentes estatutos e participarán nas distintas actividades.

Artigo 8º.-Son dereitos dos clubs os seguintes:

a) Intervir na elección dos órganos de goberno e representación da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

b) Participar cos seus equipos nas competicións oficiais que lles correspondan pola súa categoría, nos termos e observando os requisitos que establezan as bases de competición correspondentes.

c) Asistir e intervir nas reunións dos órganos federativos que lles correspondan conforme as normas vixentes.

d) Optar ás axudas económicas que estableza a Federación Galega de pentatlón moderno e triatlón para os clubs, na medida e ocasión que determinen as correspondentes normas.

e) Asociarse para o cumprimento dos seus fins.

f) Fusionarse cos requisitos que regulamentariamente poidan establecerse no desenvolvemento dos presentes estatutos.

g) Tódolos demais que a Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón estableza en cada caso.

Artigo 9º.-Son obrigacións dos clubs, as seguintes:

a) Participar cos seus equipos nas competicións oficiais que lles correspondan pola súa categoría, nos termos e observando os requisitos que regulamentariamente se determinen, así como os que estableza a Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, debendo fixa-la súa sede oficial no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpri-los estatutos, regulamentos e demais normas da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón así como os seus propios estatutos.

c) Contribuír ó sostemento económico da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, na medida que lles corresponda, abonando as correspondentes cotas, dereitos e compensacións económicas que se determinen.

d) Aboa-los dereitos de arbitraxe que segundo as normas federativas lles correspondan, así como liquidar dentro de cada temporada as débedas contraídas coas federacións galega ou zonal, cos seus xogadores, ou técnicos, e con outros clubs no transcurso da competición.

e) Mante-la disciplina deportiva evitando situacións de violencia ou animosidade con outros membros ou estamentos do pentatlón moderno e triatlón.

f) Recibir, atender e contestar coa meirande dilixencia as comunicacións que reciban dos organismos federativos e auxiliar a estes mediante a facilitación de cantos datos precisen.

g) Non impedi-la asistencia dos seus xogadores e técnicos ás seleccións autonómicas e as actividades federativas de perfeccionamento técnico.

h) Coidar da máis perfecta formación deportiva dos seus xogadores, proporcionándolles os medios precisos para iso, e garantindo a súa efectiva e plena actividade deportiva.

i)Contar cu adestrador oficialmente titulado.

j) Recoñecer para tódolos efectos as tarxetas de identidade expedidas pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

k) Comunicarlle á Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlónn as modificacións estatutarias, o nomeamento ou cesamento de directivos ou administradores, e os acordos de fusión, escisión ou disolución nos prazos establecidos.

Artigo 10º.-Regulamentariamente, en desenvolvemento dos presentes estatutos, determinarase o modo e forma no que se exercerán e cumprirán os dereitos e deberes que quedan relacionados, así como o atinente á clasificación dos clubs por categorías, cambios de residencia destes, fusións e baixas.

Sección segunda

Competidores

Artigo 11º.-Para efectos dos presentes estatutos son triatletas aquelas persoas naturais que practican o pentatlón moderno e triatlón nun club afiliado á Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón e subscriben a licencia regulamentaria. Coa sinatura da mencionada licencia queda vinculado ó seu club e suxeito á disciplina da federación, quedando toda a organización desta última ó seu servicio.

Os triatletas contribuirán ó cumprimento das distintas finalidades dunha maneira activa e harmónica sobre os principios democráticos dos presentes estatutos, e participarán nas distintas actividades.

Artigo 12º.-Para poder subscribir unha licencia como triatleta deberanse cumpri-los seguintes requisitos:

A) Ser español.

B) Non ter compromiso vixente con ningún outro club.

A condición de ser español poderá ser dispensada pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, con carácter excepcional, de forma permanente ou temporal, nos seguintes casos:

a) Cando un xogador teña que actuar en competicións amigables.

b) Ou cando un triatleta só vaia actuar en competicións internacionais de clubs para as que a regulamentación da FGPMeT admite a súa inscrición.

c) Cando o triatleta vaia actuar en competicións organizadas pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón nas que a asemblea desta federación teña dispensado expresamente esta condición.

Artigo 13º.-O triatleta ten os seguintes dereitos:

a) Liberdade para subscribir licencia, respectando os dereitos adquiridos.

b) Participar en cantas probas, cursos, fases de preparación, seleccións ou outro tipo de cocentración sexan convocados pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

c) Participar nas eleccións ós órganos de goberno e representación da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

d) Ser recoñecido medicamente polo seu club, de acordo cas directrices determiñadas pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, e por esta unicamente cando se trate de selección ou concentracións organizadas por ela.

e) Ser adestrado por técnico titulado.

f) Consideración á súa actividade deportiva.

g) Recibir material deportivo para a práctica do pentatlón moderno e triatlón.

h) Recibir atención sanitaria gratuíta e axeitada no caso de lesión deportiva, ben por atención directa do seu club ou a través de concertos, voluntarios ou obrigatorios, que o club teña coa Mutualidade Xeral Deportiva ou outra entidade pública ou privada.

i) Participar nas sesións de adestramento e nas carreiras co seu equipo, agás decisión disciplinaria.

Artigo 14º.-O xogador ten as seguintes obrigas:

a) Someterse á disciplina do seu club, sempre e cando esta se axuste ó disposto no ordenamento xurídico e participar nos adestramentos e probas co seu equipo.

b) Non intervir en actividades deportivas con equipo distinto do seu sen autorización do club.

c) Utilizar, coidar e cando sexa requirido para isto, devolve-lo material deportivo que o club lle entregara para tal fin.

d) Asistir ás probas e cursos ós que sexa convocado pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

e) Participar nas seleccións galegas.

Artigo 15º.-Así mesmo, os xogadores de pentatlón moderno e triatlón poderán asociarse para a defensa dos seus intereses relacionados co pentatlón moderno e triatlón, nos termos que establece, ou poida establecer, a normativa vixente.

Tales asociacións poderán exercer por delegación, competencias da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, para o cal deberán afiliarse a ela. Os acordos tomados polas asociacións en uso da dita delegación deberán serlle notificados á Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón dentro do prazo dos dez días seguintes á data da súa adopción.

Artigo 16º.-Regulamentariamente, no desenvolvemento dos presentes estatutos, determinarase o xeito e forma no que se exercerán e cumprirán os dereitos e deberes que quedan relacionados, así como as materias atinentes á relación entre clubs e xogadores, categorías destes, licencias, categorías, baixas e cambios.

Sección terceira

Adestradores

Artigo 17º.-Son adestradores as persoas naturais con título recoñecido pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, dedicadas ó ensino, preparación e dirección técnica do pentatlón moderno e triatlón, tanto a nivel de clubs como da propia federación.

Os títulos de adestradores serán expedidos polo organismo competente.

Tódolos adestradores inscritos estarán sometidos ás normas e disposicións da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, contribuirán ó cumprimento das distintas finalidades dunha maneira activa e harmónica sobre os principios democráticos dos presentes estatutos, e participarán nas distintas actividades.

Artigo 18º.-Para actuar á fronte dun equipo o adestrador, ademais de te-lo título correspondente, deberá estar en posesión da licencia anual, expedida pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, que o vinculará a un ou varios equipos determinados.

Artigo 19º.-O adestrador ten os seguintes dereitos:

a) Liberdade para subscribir licencia, de acordo coas normas establecidas e con respecto ós dereitos adquiridos.

b) Participar na elección dos órganos de goberno e representación da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

c) Asistir ás probas e cursos de preparación ós que sexa convocado pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, sen prexuízo das obrigas para co seu club.

d) Recibi-las prestacións da mutualidade nos casos de cobertura previstos.

e) Recibi-lo material deportivo preciso para a súa actividade.

f) Ó cumprimento das estipulacións pactadas co seu club.

Artigo 20º.-O adestrador ten as seguintes obrigas:

a) Someterse á disciplina das entidades deportivas ás que se atope vinculado por licencia.

b) Non intervir en actividades deportivas con equipo distinto ó seu sen autorización do club.

c) Empregar, coidar e cando sexa necesario para iso, devolve-lo material deportivo que o club lle facilitase.

d) Asistir ás probas e cursos ós que sexa convocado pola federación.

Artigo 21º.-Os adestradores de pentatlón moderno e triatlón poderán asociarse para a defensa dos seus intereses relacionados co pentatlón moderno e triatlón nos termos que establece, ou poida establecer, a normativa vixente.

Tales asociacións poderán exercer por delegación competencias da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, para o cal deberán afiliarse a ela. Os acordos tomados polas asociacións en uso da dita delegación deberán ser notificados á Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón dentro do prazo dos dez días seguintes á data da súa adopción.

Artigo 22º.-Regulamentariamente, no desenvolvemento dos presentes estatutos, determinarase o xeito e forma no que se exercerán e cumprirán os dereitos e deberes que quedan relacionados, así como as materias atinentes a categorías, titulacións, licencias, cambios, altas e baixas.

Sección cuarta

Xuíces e cronometradores

Artigo 23º.-Son xuíces as persoas naturais que, tendo subscrito a correspondente licencia federativa, coidan do comprimento das regras oficiais de xogo e demais normas de aplicación durante os encontros, ostentando a máxima autoridade dentro do terreo de xogo.

Tódolos xuíces inscritos no Comité Galego de Árbitros estarán sometidos ás normas e disposicións da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, contribuirán ó cumprimento das distintas finalidades dunha maneira activa e harmónica sobre os principios democráticos dos presentes estatutos e participarán nas distintas actividades.

Artigo 24º.-Para que un xuíz poida subscribir licencia federativa deberá reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español. Este requisito poderá ser dispensado pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón para determinados supostos.

b) Ter máis de catorce anos.

c) Posuír título oficial de xuíz recoñecido pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Artigo 25º.-Son dereitos dos xuíces:

a) Asistir ás probas e cursos de perfeccionamento ou divulgación ós que sexan convocados pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

b) Recibi-las prestacións da mutualidade nos casos de cobertura previstos.

c) Percibi-las cantidades que se establezan nas bases de competición.

d) Ser clasificado nunha das categorías que se establezan pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, a través do Comité Galego de Árbitros.

e) Participar na elección de órganos de goberno e representación da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Artigo 26º.-Son obrigas dos xuíces:

a) Someterse á disciplina da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, á do Comité Galego de Xuíces e ás dos seus comités zonais.

b) Asistir ás probas e cursos ós que sexa convocado pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

c) Asistir e exerce-las súas funcións nas carreiras para as que sexan designados.

f) Coñece-las regras do xogo e regulamento da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Artigo 27º.-Regulamentariamente, en desenvolvemento dos presentes estatutos, determinarase o modo e forma en que se exercerán os dereitos e deberes que quedan relacionados, así como as materias atinentes a titulación, licencias e clasificación por categorías.

Tamén se redactará un regulamento xeral de premios e recompensas aplicable no territorio da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, no que constarán as súas categorías e sistema de concesión, divididos en ordinarios e extraordinarios. Os primeiros, de carácter anual, co fin de servir de exemplo e acicate ós diversos estamentos do pentatlón moderno e triatlón galego; os segundos, para distinguir feitos excepcionais.

Capítulo III

Ámbito xurisdiccional

Artigo 29º.-Estarán sometidos á disciplina da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón tódolos seus directivos e funcionarios, tódalas federacións zonais ou delegacións comarcais, os competidores, adestradores, delegados de equipo e asimilados, clubs, asociacións ou agrupacións, comités, xuíces e, en xeral, toda persoa ou entidade que teña relación ca práctica do pentatlón moderno e triatlón.

Cando actúen en actividades de ámbito español ou internacional estarán sometidos ó que determinen os estatutos, regulamentos, bases, normas e disposicións da Federación Española de Pentatlón Moderno y Triatlón da E.T.U. ou da I.T.U., segundo corresponda.

Artigo 30º.-Os organismos e entidades dependentes da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón rexeranse polas súas propias normas e regulamentos, subordinadas a este estatuto e ó resto das disposicións federativas vixentes, limitando a súa total competencia ó ambito que ten asignado. Todas estas normas e regulamentos serán propostos pola xunta directiva da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón á asemblea Xeral para a súa aprobación, sendo dados a coñecer ós organismos superiores para a súa homologación.

Capítulo IV

Organización territorial

Artigo 31º.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón ten plena xurisdicción no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 32º.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón estará integrada en si por catro delegacións provinciais.

Para unha mellor organización e cumprimento dos seus fins, a asemblea xeral, de acordo co sentir e as posibilidades de cada zona, poderá dividi-lo territorio galego nas demarcacións que sexan necesarias.

Artigo 33º.-Tamén se poderán crear unidades de ámbito xeográfico inferior, denominadas delegacións comarcais, dependentes das delegacións provinciais, para mellor desenvolvemento e promoción do pentatlón moderno e triatlón en cada zona, sempre por acordo da xunta directiva da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, por proposta de cada delegación provincial, pero mantendo os actuais e sempre que con isto se consiga unha maior organización das competicións.

Artigo 34º.-As delegacións provinciais e no seu caso as delegacións comarcais, axustarán a súa actividade ás normas dictadas pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón a través dos órganos que corresponda, e directamente do seu presidente.

Artigo 35º.-Os titulares das delegacións provinciais serán nomeados e cesados polo presidente da federación galega, de acordo co artigo 51º dos presentes estatutos.

A composición do equipo directivo da delegación provincial ou delegación comarcal, así coma as súas competencias, serán de libre facultade do titular da delegación provincial ou delegación comarcal, o cal dará conta ó presidente da federación galega.

TÍTULO II

Órganos de goberno e representación

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 36º.-Son órganos de goberno e representación da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, a asemblea xeral e o presidente.

No seo da asemblea xeral constituirase unha comisión delegada de asistencia a esta.

Artigo 37º.-Serán órganos efectivos da federación galega, o presidente, a asemblea xeral e a comisión delegada no ámbito das súas respectivas competencias.

Os membros dos demais órganos e comités, serán designados e revogados libremente polo presidente, coas excepcións previstas nos presentes estatutos.

O nomeamento ou renovación dos órganos de goberno e representación, dos órganos complementarios, e dos comités que poidan crearse dentro da federación, deberán ser comunicados a tódolos membros da asemblea xeral e á Secretaría Xeral para o Deporte, nun prazo máximo de 15 días a partir da data de nomeamento.

Os órganos de goberno e representación reuniranse na forma e termos establecidos nestes estatutos, os seus acordos, agás disposición expresa en contrario, adoptaranse por maioría simple; en caso de empate o presidente terá voto de calidade. Os acordos poderán ser impugnados de conformidade co disposto na lexislación aplicable e nos presentes estatutos.

A responsabilidade dos membros dos órganos da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón no exercicio das súas funcións será esixida no ámbito

disciplinario de conformidade co disposto no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro e nos ámbitos civil e penal, de acordo coa lexislación xeral de aplicación.

Son requisitos xerais para ser membro de calquera órgano da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, os seguintes:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos seus dereitos civís.

c) Non estar suxeito a corrección disciplinaria de carácter deportivo que supoña inhabilitación.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia penal firme que levase anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta para cargo público.

e) Non estar incurso en causa ningunha de incompatibilidade establecida legal ou estatutariamente.

f) Reuni-los requisitos específicos propios de cada estamento deportivo.

Capítulo II

A asemblea xeral

Sección primeira

Natureza, composición, nomeamento e cesamento

Artigo 38º.-A asemblea xeral é o órgano superior de goberno e representación da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Artigo 39º.-A asemblea xeral estará contituída polo presidente da federación galega e por representantes dos clubs, entidades deportivas, deportistas, técnicos-entrenadores, árbitros e outros colectivos.

Os clubs e entidades deportivas non poderán ser membros da asemblea xeral si, no intre da convocatoria de eleccións non figuran inscritos no Rexistro Xeral de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

Os compoñentes da xunta directiva, por esa soa consideración, poderán asistir ás reunións da asemblea, con voz, pero sen dereito a voto.

Artigo 40º.-A asemblea xeral estará integrada polos seguintes membros:

-Clubs e entidades deportivas: 1 representante de cada club.

-Deportistas: 2 deportistas en representación dese colectivo, e elixido por eles mesmos.

-Adestradores-técnicos: 1 representante.

-Xuíces: 1 representante.

-Organizadores: 1 representante.

Artigo 41º.-A convocatoria de eleccións deberá indicar expresamente o número de membros da asemblea xeral e de cada un dos seus estamentos.

Artigo 42º.-Os membros da asemblea xeral e da comisión delegada cesarán polas seguintes causas:

a) Defunción.

b) Disolución do club ou entidade á que representen.

c) Expiración do mandato para o que foron elixidos.

d) Renuncia ou demisión.

e) Estar incurso en causa de inelebilidade ou incompatibilidade legal ou estatutaria.

f) Sanción disciplinaria imposta en forma regramentaria que implique o cesamento no cargo que desempeña.

g) Perda dos requisitos polos que foron elixidos no seu respectivo estamento.

Artigo 43º.-As vacantes que se produzan na asemblea xeral antes das seguintes eleccións xerais a ela, serán cubertas, dentro de cada estamento e de forma sucesiva, polos candidatos que no proceso electoral obtivesen maior número de votos despois dos que resultaron electos e, na fala destes, mediante a realización de elecccións parciais, sempre que, neste último caso, as vacantes superen o 20% dos membros da asemblea.

Os elixidos para ocupa-las vacantes a que se refire o apartado anterior desempeñarán o seu mandato polo tempo que falte para a celebración das seguintes eleccións xerais.

Sección segunda

Réxime de funcionamento

Artigo 44º.-Competencias. A asemblea xeral en canto órgano máximo de goberno e representación da Federación Galega, pode adoptar calquera acordo ou decisión sobre ela, con sometemento ás regras de competencia e procedemento. Especialmente son competencias da asemblea xeral as seguintes:

1. Modifica-los presentes estatutos e aproba-los regulamentos que sexan necesarios para o desenvolvemento e organización da federación.

2. Elixir, mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto, ó presidente e á comisión delegada da federación galega, así como o cesamento e a moción de censura ó presidente.

3. Aproba-lo balance, as contas, orzamentos e memorias que teñen que formalizarse seguindo as disposicións vixentes.

4. Resolve-las propostas que, en forma, sexan presentadas á asemblea.

5. Aproba-los programas e calendarios deportivos anuais que desenvolverá a federación galega así como as bases e regulamentos que rexirán as competicións.

6. Aproba-la creación de órganos territoriais da federación galega.

7. Aproba-lo regulamento de eleccións á asemblea, presidente e comisión delegada da federación galega.

8. Aprobación do Regulamento de disciplina deportiva.

9. Calquera outra competencia da federación galega que non estea expresamente atribuída polos presente estatutos a outro órgano.

Artigo 45º.-As reunións da asemblea xeral axustaranse ó seguinte réxime:

a) A asemblea xeral reunirase unha vez ó ano, necesariamente antes de comeza-la nova temporada deportiva, en sesión ordinaria para os fins da súa competencia e, como mínimo, para a aprobación do novo orzamento e liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo e das bases e regulamentos que rexerán a competición, e para a aprobación da memoria de actividades anuais.

A asemblea xeral será convocada polo presidente da federación galega a iniciativa propia ou a instancia razoada da cuarta parte dos seus membros cun mínimo de trinta días naturais de antelación á data da súa celebración, no taboleiro de novas da federación galega, así coma nas delegacións provinciais e, se é o caso, delegacións comarcais, debendo incluir necesariamente os puntos da orde do día que se tratarán. En todo caso, notificaráselle individualmente a cada un dos membros da asemblea por calquera método que permita ter constancia da data da recepción, cunha antelación mínima de 48 horas; a notificación efectuarase os enderezos que consten na federación galega 30 días antes da data de convocatoria.

Os defectos formais na convocatoria non darán lugar á nulidade da asemblea sempre e cando os membros da mesma recibisen a convocatoria co orde do día no prazo establecido.

En todo caso, a asemblea será válida, sen necesidade de ningún outro requisito, sempre e cando concorran a ela a totalidade dos seus membros.

b) As demais reunións da asemblea xeral terán caracter extraordinario e serán convocadas polo presidente, ou por proposta de polo menos o 25% de membros da asemblea, cos mesmos requisitos previstos para a asemblea ordinaria. Presentada a solicitude de convocatoria por un número de membros suficiente, o presidente deberá convocala necesariamente no prazo de dez días naturais seguintes. Desde a convocatoria ata a data de celebración da asemblea non poderán transcorrer máis de vinte días naturais. Na solicitude deberán indicarse os puntos que compoñerán a orde do día. A convocatoria non poderá conter ningún outro punto distinto ós da solicitude.

c) A asemblea quedará validamente constituída cando concorran en primeira convocatoria a metade máis un dos seus membros, ou en segunda convocatoria, que terá lugar media hora máis tarde, calquera que sexa o número de membros asistentes.

d) A asemblea xeral será presidida polo presidente da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón ou quen o substitúa, e actuará como secretario o que o sexa da federación galega. Os acordos adoptaranse por maioría simple. No caso de empate será decisorio o voto do presidente. Non obstante o anteriormente exposto, cando se trate de decisións sobre a compra ou alleamento de bens inmobles, ou operacións económicas que supoñan un 25% máis do orzamento anual da federación galega, así coma a modificación dos presentes estatutos, será necesaria a maioría das dúas terceiras partes dos seus membros.

Para os efectos de cómputo de quórums e maiorías, cando estes se conformen cun número inexacto de asembleístas, computaranse sempre por exceso e con referencia ó número daqueles efectivamente existentes como membros da asemblea, descontadas as vacantes.

Artigo 46º.-Non será admisible en modo ningún para a formación de vontade dos órganos colexiados da federación galega nin para o establecemento de seu quórum, o voto por correo nin a delegación de voto; sendo polo tanto necesaria a presencia física dos seus membros. Exceptúanse as eleccións dos membros da asemblea xeral, se así se aprobase no regulamento electoral.

Con carácter excepcional o voto dos clubs e entidades deportivas poderá exercelo o seu presidente, ou a persoa na que el delegue, sempre e cando esta última non sexa membro da asemblea xeral.

Ninguén poderá ostentar na asemblea xeral máis dunha delegación de voto.

Artigo 47º.-As votación no seo da asemblea realizaranse na forma e orde que estableza a presidencia, sendo esta a que decidirá se serán ordinarias, nominais ou secretas. Se polo menos o 25% dos asistentes solicita unha modalidade determinada, a forma de votación decidirase por maioría simple dos membros da asemblea xeral.

Artigo 48º.-De tódolos acordos adoptados en asemblea xeral ou comisión delegada, levantará acta o secretario delas, especificando o nome das persoas intervenientes e demais circunstancias que se consideren oportunas, contido dos acordos adoptados, resultados das votacións e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán a quen os emita de calquera responsabilidade derivada de tales acordos.

Artigo 49º.-Os acordos da asemblea xeral e da comisión delegada serán vinculantes e de obrigatorio cumplimento para a totalidade de órganos, persoas e entidades que integran a federación galega, e terán forza executiva a partires da data de adopción.

Capítulo III

Comisión delegada

Artigo 50º.-No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada que terá carácter electivo e será un órgano de goberno e representación da federación.

A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral na primeira reunión que se celebre despois da súa constitución, mediante o sufraxio entre os membros dela; o seu mandato coincidirá co da asemblea xeral.

O número de membros da comisión delegada será o 15% dos membros da asemblea xeral. O número non será inferior a 5 nin superior a 15.

O presidente da federación convocará a comisión delegada, que se reunirá como mínimo cada 4 meses para os fins das súas competencias e, polo menos, para realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

Son competencias da comisión delegada:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) A modificación dos calendarios deportivos.

c) A modificación dos orzamentos e dos regulamentos.

d) O seguimento da xestión económica e deportiva da federación.

As modificacións non poderán excede-los límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

A proposta dos temas que se vaian tratar na comisión correspóndelle exclusivamente ó presidente ou ós dous tercios dos seus integrantes.

Capitulo IV

Presidente

Artigo 51º.-O presidente da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón é o órgano executivo desta. Ostenta a súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación, executando os seus acordos. Outorga os poderes de representación e administración que sexan precisos e ostenta a dirección superior da administración federativa. O presidente da federación galega nomeará e cesará os membros dos órganos xurisdiccionais da federación galega así como os presidentes das federacións zonais e Comité Galego de Árbitros.

Artigo 52º.-A duración do cargo de presidente será de catro anos.

No caso de que, excepcionalmente, fique vacante a presidencia antes de que transcorra o prazo para o que foi elixido, considerarase dimisionaria toda a xunta directiva, constituíndose a comisión delegada en comisión xestora, presidida polo membro de maior idade. Convocará a asemblea xeral, e esta acordará unha nova elección de presidente para cubri-la vacante polo tempo que falte ata a terminación do prazo correspondente ó mandato ordinario. Se a vacante se produce por prosperar unha moción

de censura, observarase o disposto no artigo 55º destes estatutos.

Artigo 53º.-O desempeño do cargo de presidente será incompatible coas seguintes actividades:

a) Ocupación de cargos directivos noutras federacións deportivas; exceptúase a federación española da mesma modalidade deportiva.

b) Desenvolvemento de actividades ou desempeño de cargos en clubs ou entidades deportivas integradas na federación galega.

c) A persoa que resulte elixida como presidente da federación galega deberá cesar en todo tipo de actividades directas no deporte do pentatlón moderno e triatlón e no ámbito territorial da federación.

Non existirá incompatibilidade, en ningún caso, ca práctica activa do pentatlón moderno e triatlón.

Artigo 54º.-O presidente cesará por:

a) Transcurso do mandato para o cal foi elixido.

b) Demisión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobación dunha moción de censura pola asemblea xeral.

e) Por incorrer nunha causa de inexibilidade ou incompatibilidade. Neste último caso dispoñerá dun prazo dun mes para cesar no posto que resulte incompatible co de presidente.

Artigo 55º.-A moción de censura ó presidente poderá ser presentada polos membros da asemblea xeral que constituian polo menos un 25% dela, mediante escrito presentado no rexistro xeral da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón. Na dita petición deberán solicitar do presidente a convocatoria dunha asemblea xeral extraordinaria coa dita moción como único punto da orde do día, así como propoñer un candidato alternativo á presidencia.

Caso de prospera-la moción de censura, que se votará nun sistema de dobre volta, debendo acada-la maioría absoluta dos membros que compoñen a asemblea na primeira volta, ou a maioría simple de asistentes na segunda, celebradas cunha hora de diferencia, o candidato quedará investido, con mandato polo prazo que reste para concluí-lo período ordinario.

Para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria, estará ó disposto no artigo 45º dos presentes estatutos. A sesión da asemblea xeral na que se debata a moción de censura, estará presidida polo membro de maior idade. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

Se a moción de censura non prosperase, non poderá presentarse outra nova ata transcorrido un ano desde a presentación desta.

TÍTULO III

Órganos complementarios ós de goberno e representación

Artigo 56º.-Son órganos complementarios dos de goberno e representación da federación, para asistir ó presidente:

a) A xunta directiva.

b) O secretario xeral.

c) O tesoureiro.

Artigo 57º

1. A xunta directiva é o órgano colexiado a quen corresponde a xestión e administración da federación galega, así como a execución e cumplimento dos acordos da asemblea. O número de membros, non poderá ser inferior a 5 nin superior a 15. Os membros da xunta directiva serán nombrados e revocados libremente polo presidente.

O presidente elixirá entre os membros da súa xunta directiva un máximo de dous vicepresidentes, que o serán tamén da federación, os cales substituirán ó presidente por delegación, imposibilidade física ou ausencia temporal; un secretario, que á súa vez o será da federación, así coma un tesoureiro. Tales cargos, baseados na confianza, poderán ser removidos polo presidente cando o considere oportuno.

Serán membros natos da xunta directiva da federación, agás renuncia expresa, os presidentes das delegacións provinciais, en que se estructura a federación galega, e Comité Galego de Xuíces.

Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral, terán acceso a ela, con voz pero sen voto.

Tódolos cargos son honoríficos e, en caso de establecerse algunha compensación económica a favor dos membros da xunta directiva, deberá ser expresamente acordada pola asemblea xeral e constar dunha forma diferenciada no orzamento xeral. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a federación galega.

2. O presidente da federación nomeará un secretario, o cal exercerá as funcións de fedatario e asesor, e, máis especificamente:

a) Levantar actas das sesións dos órganos de goberno e representación da federación, con indicación de asistentes, temas tratados, o resultado das votacións, e, no seu caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

b) Expedi-las certificacións oportunas das actas dos órganos de goberno e representación.

c) Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte as actas da asemblea xeral e da comisión delegada, no prazo de 15 días dende a data de celebración, así coma as convocatorias delas.

d) Proporcionará toda a información necesaria ós órganos de goberno e representación da federación, para o bo desenvolvemento das súas misións. Preparará a memoria anual das actividades realizadas e levará os libros de actas, rexistro de entradas e saídas e rexistro de clubs e entidades afiliadas.

e) Cantas outras funcións lle poden ser encomendadas polos estatutos e regulamentos da federación e lle sexan delegadas polo presidente.

3. O tesoureiro da federación galega é o seu órgano de administración.

Como funcións propias exercerá as seguintes:

a) Levar e controla-la contabilidade da federación galega así coma os libros contables, segundo a lexislación vixente.

b) Cobrar e pagar todo o relacionado coa federación.

c) Regulamentar o aspecto económico e realizar a inspección económica de tódolos órganos da federación.

d) Propo-la adquisición dos bens necesarios.

e) Informar da situación dos asuntos pendentes e propo-las medidas que considere necesarias.

f) Confeccionar o balance de contas e orzamentos anuais para a súa presentación na asemblea xeral.

g) Elaborar e presentar informes á comisión delegada sobre o estado contable da federación.

h) Supervisará os pagos e toda clase de documentos bancarios.

Artigo 58º.-Para ser membro da xunta directiva non será preciso formar parte da asemblea xeral.

Artigo 59º.-Os membros da xunta directiva cesarán polas seguintes causas:

a) Vacancia na presidencia da federación, sen prexuízo da súa conversión en comisión xestora nos casos previstos nos estatutos.

b) Demisión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do cargo.

d) Por incorrer en causa de inexibilidade ou incompatibilidade.

e) Cesados directamente polo presidente.

Artigo 60º.-A xunta directiva, como órgano colaborador do presidente non terá competencias propias, e exercerá por delegación aquelas que lle encomende o presidente, as cales poderá revogar en calquera momento.

Artigo 61º.-Os asuntos ordinarios de trámite serán despachados polo presidente e o secretario.

TÍTULO IV

Órganos técnicos e asesores

Capítulo I

Comités en xeral

Artigo 62º.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón poderá crear, logo da aprobación pola asemblea xeral, cantos comités técnicos precise, ademáis dos seguintes:

a) Comité de disciplina deportiva: comité de competición e comité de apelación.

b) Comité de xuíces.

c) Comité de relacións exteriores.

d) Comité de actividades.

e) Comité técnico.

f) Comité de promoción.

Tódolos presidentes dos comités serán nomeados polo presidente da federación galega, de entre os membros da xunta directiva. O secretario intervirá como secretario de tódolos comités, sen voz e sen voto, agás que fose membro deles.

Os comités rexeranse polos seus respectivos regulamentos internos e, se é o caso, pola normativa nacional unificada e emanada da Federación Española de Pentatlón Moderno e Triatlón, pola lexislación aplicable e polo disposto nos presentes estatutos.

Capitulo II

Comités de competición

Artigo 63º.-O Comité Galego de Competición estará integrado por un xuíz único que será auxiliado por un secretario pertencente á secretaría da federación galega. O xuíz único será o encargado de coñecer e resolve-los casos, segundo as súas competencias, que son as seguintes:

1) Resolver en primeira instancia.

a) As reclamacións e incidencias que teñan lugar con motivo das competicións de carácter galego ou das fases clasificatorias para acceso ás fases finais nacionais das distintas categorías.

b) As cuestións disciplinarias que se susciten en relación coas persoas sometidas á disciplina da federación galega. Cando se trate de cuestións que afecten a un ou varios membros da xunta directiva da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, o comité precisará autorización previa do presidente para incoa-lo expediente.

c) Os litixios que se susciten entre xogadores e clubs con motivo da subscrición e expedición de licencias, cando se refiran ás categorías territoriais galegas que, se é o caso, se considerarán como materia disciplinaria cando se aprecie inobservancia das normas, o cal será obxecto da sanción correspondente.

Artigo 64º.-Serán seccións do Comité Galego de Competición para tódolos efectos, os comités de competición das federacións zonais. Os membros destas

seccións serán nomeados polo presidente da federación zonal correspondente.

Serán competencia dos comités zonais de competición a resolución en primeira instancia das reclamacións e incidencias que teñan lugar con motivo das competicións das distintas categorías que se desenvolvan dentro do ámbito zonal correspondente.

Capítulo III

Comité Galego de Apelación

Artigo 65º.-O Comité Galego de Apelación da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón estará integrado por un xuíz único, que será auxiliado por un secretario pertenecente á secretaría da federación galega. O xuíz único será o encargado de coñecer e resolve-los casos que se lle presenten, segundo a súa competencia. Deberá ser licenciado en dereito.

Artigo 66º.-É competencia do Comité de Apelación o coñecemento e resolución de tódolos recursos interpostos contra as resolucións dictadas polos comités zonais de competición ou polo Comité Galego de Competición.

Artigo 67º.-Regulamentariamente, e no ámbito das súas competencias, a federación galega desenvolverá o réxime disciplinario, definindo as faltas e sancións establecendo o procedemento a seguires en cada caso, de conformidade ca legalidade vixente na materia. Constituirá falta, que se sancionará de acordo co réxime disciplinario vixente, toda infracción das normas contidas nos presentes estatutos, no regulamento xeral e en calquera disposición de carácter deportivo que o sinale.

Artigo 68º.-As resolucións dictadas polo comité de apelación da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón en relación coas resolucións adoptadas polos comités zonais de competición ou o Comité Galego de Competición poderán ser impugnadas no prazo de quince días hábiles, a partir a súa notificación, ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia, de acordo en cada caso, ca normativa vixente.

Artigo 69º.-As resolucións dictadas polo Comité Galego de Competición poderán ser impugnadas ante o Comité Galego de Apelación na forma que regulamentariamente se estableza.

As resolucions dictadas polo Comité Galego de Apelación contra resolucións adoptadas polo Comité Galego de Competición, poderán ser impugnadas ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia, na forma que regulamentariamente se estableza.

Capítulo IV

Comité de xuíces

Artigo 70º.-O Comité Galego de Xuíces é o órgano técnico subordinado á disciplina da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, que se ten que

coidar da captación, ensino e organización dos xuíces no ámbito galego.

O Comité Galego de Xuíces adoptará a estructura territorial da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Artigo 71º.-Serán funcións deste comité:

a) Establece-los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente ós xuíces e oficiais de mesa en función de criterios prefixados pola asemblea xeral, propoñendo á xunta directiva a adscrición ás categorías correspondentes. Estas clasificacións serán comunicadas á asemblea xeral.

c) Propo-los candidatos a xuíces de categorías nacionais.

d) Propor á xunta directiva as normas administrativas que regulan a arbitraxe, para a súa posterior aprobación pola asemblea xeral.

e) Designa-los colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.

f) Colaborar cos órganos competentes da federación.

Artigo 72º.-Para efectos funcionais, o Comité Galego de Xuíces de Pentatlón Moderno e Triatlón dependerá do Comité Técnico de Xuíces da Federación Española de Pentatlón Moderno e Triatlón, co fin de ter unha estreita unidade orientativa ó servicio da arbitraxe.

Capítulo V

Comité de relacións exteriores

Artigo 73º.-O Comité de Relacións Exteriores terá como función fundamental a organización e dirección das seleccións galegas, así como as relacións nacionais e internacionais.

Capítulo VI

Comité de actividades

Artigo 74º.-O comité de actividades terá ó seu cargo o estudio, organización, supervisión, dirección e control das competicións.

Capítulo VII

Comité técnico

Artigo 75º.-O comité técnico terá como función fundamental a planificación, confección, desenvolvemento dos programas relacionados co pentatlón moderno e triatlón, coas escolas de xogadores, adestradores e árbitros, así como aquelas cuestións técnicas que sexan necesarias, como os clinics, cursos superiores, concentracións, perfeccionamento de xogadores, adestradores e árbitros e tódalas demás cuestións técnicas que sexan necesarias. O presidente da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón poderá nomear un director técnico deste comité, que será un cargo retribuido, se é necesario, e estará ás ordes directas do presidente do dito comité.

Capítulo VIII

Comité de promoción

Artigo 76º.-O comité de promoción terá como función fundamental a promoción do pentatlón moderno e triatlón, a proposta de creación de federacións zonais, escolas de pentatlón moderno e triatlón, guías locais e zonais, así como de tódalas categorías que poidan crearse, dentro da orientación educativa preceptiva, o asesoramento para a instalación de novas pistas polideportivas, todas aquelas cuestións que sexan propias, como as campañas de captación e divulgación do pentatlón moderno e triatlón.

Artigo 77º.-Regulamentariamente poderá regularse o funcionamento, composición e competencias dos distintos comités.

TÍTULO V

Réxime electoral

Capítulo I

Os censos

Artigo 78º.-Compoñerán os censos correspondentes a cada estamento electoral tódolos membros da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón que reúnan os requisitos establecidos para cada estamento nos presentes estatutos e no regulamento electoral.

Capítulo II

Regulamento electoral

Artigo 79º.-Os procesos electorais desenvolveranse conforme ó regulamento electoral que deberá ser aprobado pola asemblea xeral, a proposta do presidente e regulará as seguintes cuestións:

1. Número de membros da asemblea xeral.

2. Calendario electoral.

3. Censo electoral.

4. Composición, competencias e funcionamento da xunta electoral.

5. Requisitos para presentación e proclamación de candidatos a presidente e a membros da asemblea xeral poderá ser inferior a dez días.

6. Procedemento de resolución de conflictos, impugnacións e reclamacións, así como de recursos electorais.

7. Composición, competencia, funcionamento e localización das mesas electorais.

8. Elección de presidente.

9. Elección da comisión delegada.

O regulamento electoral deberá ser ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Capítulo III

A comisión xestora

Artigo 80º.-Acordada a convocatoria de eleccións pola asemblea xeral e aprobado o regulamento electoral, o presidente procederá no prazo sinalado nel

á convocatoria de eleccións á asemblea xeral. A partires deste intre, a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora, e someterán o regulamento electoral a ratificación pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade das convocatorias de eleccións á asemblea xeral e a presidente, así como do regulamento electoral coas medidas previstas nas disposicións federativas a traverso dun medio que permita asegura-la recepción da dita notificación.

O regulamento electoral deberá ser exposto en cada circunscrición electoral o mesmo día da convocatoria.

A comisión xestora administrará a federación galega e convocará e realizará novas eleccións no prazo máximo de tres meses no caso de que non se presentase ningunha candidatura ou non fose válida ningunha das presentadas.

Capítulo IV

Circunscricións electorais

Artigo 81º.-A circunscrición será única con ámbito de todo o territorio da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Capítulo V

Xunta electoral

Artigo 82º.-A xunta electoral estará composta por tres membros titulares e tres suplentes, elixidos por elección libre, directa e secreta, de entre as persoas que non sendo candidatas formasen parte da asemblea anterior. Inmediatamente quedará constituida a xunta electoral, exercendo como presidente dela o membro de máis idade dos elixidos, e como secretario, o que o sexa da federación, con voz pero sen voto.

A xunta electoral terá as seguintes funcións:

a) Homologación do censo electoral, resolvendo as cuestións e queixas que se formulen sobre o mesmo en relación coa súa formación ou rectificación.

b) Resolución das queixas, reclamacións e recursos que se presenten con motivo dos diferentes actos electorais.

c) A admisión e proclamación de candidaturas.

d) A proclamación dos resultados electorais.

e) A corrección, das infraccións que, eventualmente, se produzan no proceso electoral.

f) Aquelas outras que se deduzan das súa propia natureza ou se lle atribúan pola normativa vixente.

A xunta electoral tomará as súas decisións, que serán executivas, por maioría simple. Unha vez finalizada a votación e o seu reconto, levantará a correspondente acta, que remitirá á Secretaría Xeral para o Deporte nun prazo máximo de tres días.

Unha vez concluído o proceso electoral da asemblea xeral, do presidente da federación e da comisión delegada, a xunta electoral disolverase.

Capítulo VI

Mesas electorais

Artigo 83º.-Para a elección dos distintos estamentos da asemblea xeral do presidente e da comisión delegada, constituirase unha ou varias mesas electorais, de acordo co establecido no regulamento electoral. Os membros destas mesas non poderán ser candidatos, axustándose no seu funcionamento ás normas que se establezan no regulamento electoral.

Capítulo VII

Recursos

Artigo 84º.-As reclamacións e impugnacións que se presenten contra calquera acto electoral dirixiranse á xunta electoral e, contra o que esta resolva caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva. Así mesmo caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva contra tódolos actos, acordos ou resolucións da xunta electoral ou de calquera outro órgano ou membro da federación en materia electoral.

Capítulo VIII

Eleccións a asemblea xeral

Artigo 85º

1. Os membros da asemblea xeral serán elixidos cada catro anos coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno, mediante sufraxio libre, secreto, igual e directo entre e polos compoñentes dos distintos estamentos da federación.

2. As eleccións á asemblea xeral serán acordadas pola mesma, que aprobará a convocatoria con tódolos requisitos que se establezan no regulamento electoral que así mesmo se aprobe.

3. Acordada pola asemblea xeral a convocatoria de eleccións, o acordo será formalmente executado polo presidente da federación, o cal a asinará.

4. Desde a convocatoria para a celebración desta asemblea xeral, a xunta directiva e o presidente da federación constituiranse en comisión xestora, de acordo co xa previsto nestes estatutos.

Artigo 86º.-Para ser candidato a membro da asemblea xeral requirese o cumplimento dos requisitos establecidos con carácter xeral no artigo 37º último parágrafo destes estatutos e os establecidos para ser elector que se indican nos artigos 88º a 90º dos presentes estatutos, referentes á antigüidade.

Os requisitos para ser electores ou elixibles deberán cumprirse no día en que se publique a convocatoria de eleccións.

Artigo 87º.-As eleccións á asemblea xeral realizaranse para cada un dos postos correspondentes ós estamentos integrantes dela, de acordo co previsto nos presentes estatutos.

Artigo 88º.-Os representantes dos clubs e entidades deportivas na asemblea xeral serán elixidos por entre os representantes dos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que integren o censo de entidades deportivas inscritas no rexistro público da federación e no Rexistro de Clubs, Federacións e asociacións deportivas da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria de eleccións, estivesen igualmente inscritos durante a temporada deportiva anterior, sempre que tivesen participado en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola federación galega ou pola Federación Española de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Artigo 89º.-Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os maiores de 18 anos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que teñan licencia en vigor expedida pola Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón no momento da convocatoria de eleccións, e a tivesen tamén, ó menos durante a tempada anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola federación galega ou pola Federación Española de Pentatlón Moderno e Triatlón.

Artigo 90º.-Os representantes dos técnicos-adestradores organizadores e do colectivo arbitral na asemblea xeral, serán elixidos entre os maiores de 18 anos, por e entre os pertencentes a cada estamento calquera que sexa a súa categoría, de entre os que teñan licencia en vigor no momento da convocatoria de eleccións, e que tamén as tivesen, como mínimo, na temporada deportiva inmediatamente anterior, nas mesmas condicións que as establecidas nos dous artigos anteriores.

Capítulo IX

Elección de presidente

Artigo 91º.-Unha vez concluídas as eleccións á asemblea xeral, o presidente da comisión xestora, logo de acordo desta, procederá inmediatamente á convocatoria da dita asemblea para elixir ó presidente e á comisión delegada da federación galega.

O presidente será elixido por un periodo de catro anos, coincidindo con anos nos que se celebren Xogos Olímpicos de inverno, pola asemblea xeral, mediante sufraxio, libre, directo, igual e secreto por tódolos membros de dita asemblea xeral, logo de presentación e aceptación das candidaturas correspondentes, que deberán estar avaladas ó menos polo 10% dos membros da asemblea xeral. Os candidatos a presidente poderán non ser membros da asemblea xeral.

Artigo 92º.-Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos. No caso de que ningún candidato acade esa maioría procederase a unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados, resultando elixido o que obteña a maioría dos votos.

No suposto de que se presentase un só candidato, non se efectuará votación, sendo proclamado presidente o único candidato pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Artigo 93º.-Para poder ser candidato a presidente da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo o disposto en cada momento polo Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

c) Non estar incurso en ningunha sanción deportiva inhabilitante, dictada polos órganos disciplinarios da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón ou polo Comité Galego de Disciplina Deportiva.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia xudicial firme que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de cargos públicos.

Artigo 94º.-A votación será libre, igual, secreta e directa, non admitíndose o voto por correo, nin por delegación de persoas físicas.

Capítulo X

Elección da comisión delegada

Artigo 95º.-Na mesma asemblea xeral convocada para a elección do presidente, e unha vez realizada ésta, procederase á elección dos membros da comisión delegada da asemblea xeral.

A comisión delegada estará composta por 7 membros, ademáis de polo presidente da federación galega.

Os membros da comisión delegada serán elixidos por e entre os integrantes da asemblea xeral.

Serán elixidos membros da comisión delegada aqueles que obteñan maior número de votos ata cubri-lo número de membros correspondentes á comisión delegada.

TÍTULO VI

Réxime económico

Artigo 96º.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón terá un réxime de administración, orzamento e patrimonio propio, e gozará de plena autonomía.

O orzamento de ingresos e gastos anual realizarase de acordo co principio de caixa única.

O tesoureiro someterá á asemblea xeral ordinaria, un balanzo da situación e as contas de ingresos e gastos, memoria económica, así como o orzamento para a temporada seguinte. Balance e orzamento que deberá ser notificado á Secretaría Xeral para o Deporte.

Agás autorización expresa da Secretaría Xeral para o Deporte, non poderá aprobarse un orzamento deficitario.

Tampouco poderán repartirse beneficios entre os membros da federación galega.

Artigo 97º.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón elaborará unha memoria na que analizará fielmente a súa actividade económica, a súa axeitada actuación orzamentaria, o cumprimento dos seus obxectivos e os proxectos que se desenvolverán, e informará separadamente dos seguintes aspectos:

1. Diferenciación entre ingresos e aportacións, segundo a seguinte desagregación:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, donativos ou aportacións privadas.

c) Vendas activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos para servicios prestados pola federación, permisos, licencias, inscricións, afiliacións, fichas e outros que se establezan, logo de aprobación pola asemblea.

f) Ingresos financeiros.

2. Tamén constará o destino da totalidade de recursos, distinguindo como mínimo os seguintes grupos de custo ou investimentos:

a) Administración da federación.

b) Dirección e servicios da directiva, incluíndo viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas a clubs e entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deportes de élite profesional.

i) Xuíces.

j) Órganos disciplinarios.

k) Mantemento de federacións zonais.

3. O importe das obrigas de pago que sexa necesario satisfacer noutros exercicios que non estean previstos no balance.

4. O importe das garantías e os avais comprometidos.

5. A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na asemblea xeral anterior.

Artigo 98º.-As contas anuais e os orzamentos deberán estar no domicilio social da federación galega cunha antelación mínima de 15 días á data de celebración da asemblea xeral, á disposición das persoas,

clubs ou entidades con dereito a voto nela, as cales poderán pedir copia que lles será entregada antes da celebración da asemblea.

Artigo 99º.-Constitúen os ingresos da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón os seguintes:

a) As subvencións que poida recibir do Estado, Xunta de Galicia, Federación Española de Pentatlón Moderno y Triatlón, deputacións, concellos ou calquera outra entidad pública ou privada.

b) Os ingresos obtidos por afiliacións, inscricións, fichas, licencias, servicios e outros ingresos que se establezan, logo da aprobación polos órganos correspondentes.

c) A participación que se poida fixar nos ingresos de todo orde que teñan as asociacións, agrupacións, clubs e resto de entidades, logo da aprobación pola asemblea xeral.

d) O importe das sancións e multas que se produzan a consecuencia das competicións que a federación organice e con ocasión do exercicio da potestade disciplinaria.

e) O beneficio que se obteña por calquera concepto e se produza en actos, encontros e competicións que se organicen.

f) Os donativos, subvencións e outros ingresos que se deriven do exercicio da actividade propia da federación.

g) Os préstamos ou créditos que se lle concedan.

h) Os procedentes de calquera actividade legal que a título lucrativo ou por explotación ou arrendamento dos seus bens se produzan en favor da Federación.

Artigo 100º.-A totalidade de ingresos e do patrimonio da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón deberán ser destinados á consecución dos fins propios do seu obxecto social, e, en particular á promoción e ensino do pentatlón moderno e triatlón.

Artigo 101º.-En consonancia co disposto no artigo 57º.3 anterior, a xestión económica ordinaria da federación correrá a cargo do tesoureiro, baixo a dirección do presidente, coidando das operacións de cobros e pagamentos. Autorizará coa súa sinatura, mancomunada coa do presidente, ou coa do vicepresidente autorizado, tódolos documentos de movementos de fondos. Será responsable da levanza e custodia dos libros contables. Formulará balances que, anualmente, deberán presentarse á asemblea xeral para a súa aprobación.

No suposto de ausencia do tesoureiro, será o presidente da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón o responsable do exercicio das funcións propias daquel, as cales poderá delegar na persoa que considere oportuno.

Artigo 102º.-O exercicio económico comeza o día 1 de xaneiro e remata o 31 de decembro.

TÍTULO VII

Réxime documental

Artigo 103º.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón levará como mínimo os seguintes libros, debidamente dilixenciados:

a) Libro rexistro de entrada e saída de documentos e comunicacións oficiais.

b) Libro rexistro de clubs, no que constará a denominación destos, domicilio social, e número de inscrición no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

c) Libros de actas que consignarán as reunións que celebren tódolos órganos colexiados da federación, tanto de goberno e representación como complementarios e técnicos.

d) Libros de contabilidade.

e) Libro inventario de bens mobles e inmobles.

f) Rexistro de membros da asemblea xeral e da comisión delegada, no que deberán consta-los nomes dos titulares ou representantes legais e os domicilios para citacións e comunicacións.

Artigo 104º.-En consoancia co previsto no artigo 57º.2 anterior, o réxime documental da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón estará a cargo do secretario, ó cal lle corresponde a custodia dos libros da federación, erguer actas das reunións dos órganos colexiados e, unha vez aprobadas, asinalas co visto e prace do presidente, expedir certificacións, remiti-las certificacións e acordos que procedan á Secretaría Xeral para o Deporte e, en xeral, prepara-la resolución e despacho de tódolos asuntos.

En caso de ausencia ou imposibilidade física do propio secretario, as súas funcións serán desempeñadas polo propio presidente da federación galega, ou por persoa en quen este delegue.

TÍTULO IX

Da modificación de estatutos e da disolución da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón

Artigo 105º.-Os estatutos da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón saomente poderán ser modificados pola asemblea xeral e de acordo co establecido neles.

Artigo 106º.-A proposta de modificación dos estatutos deberá ser acordada polo presidente ou pola comisión delegada da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón nomeándose a seguir por ela unha comisión técnica que realice os traballos necesarios para presentar ante a asemblea os novos textos, totais ou parciais, que se someterán a aprobación.

Aprobada a reforma de estatutos pola asemblea xeral, deberá ser ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 107º.-A Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón extinguirase polas seguintes causas:

a) Por acordo da maioría de dous tercios de membros da asemblea xeral, refrendado, por maioría absoluta, por tódolos membros da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón a través de votación libre, igual, directa e secreta.

b) Polas demais causas que determinen as leis.

Unha vez producida a liquidación, o patrimonio neto destinarase ós fins de carácter deportivo que determine a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Disposición adicional

Única.-En todo o non previsto nos presentes estatutos e namentras non se confeccionen os regulamentos e normas de carácter xeral, por analoxía seguirase o disposto polo estatuto da Federación Española de Pentatlón Moderno e Triatlón e na Orde de 28 de xullo de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, que desenvolve o Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas.

Disposición derrogatoria e derradeira

Os presentes estatutos, unha vez aprobados pola asemblea xeral da Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón, entrarán en vigor o mesmo día da súa sanción pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia: quedando desde entón derrogada toda norma que se opoña ó disposto neles, e en particular os estatutos aprobados en data, así como regulamento xeral do seu desenvolvemento.

292