Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 12 de decembro de 1996, e en exercicio da competencia delegada polo Art. 2 da Lei 7/1995, do 29 de xuño,

de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, adoptou o seguinte acordo:

1.-Aprobar, con carácter definitivo, un documento polo que se introducen modificacións puntuais ó plan xeral de ordenación urbana deste municipio nos seguintes aspectos:

a) Ordenanza nº 7: inclusión do uso comercial como permitido.

b) Modificación do punto 2.4.1.3 da normativa, relativo a garantías das obras de urbanización.

c) Modificación do parágrafo do punto 5.3.2 da normativa, relativo ó recuamento de cerramentos.

d) Modificación que ten por obxecto traslada-las determinacións do PXOU reflectidas na cartografía 1/2000 á cartografía 1/5000, co obxecto de emenda-lo erro existente nesta última, folla nº 3, ámbito comprendido entre: norte, paseo marítimo da antiga Cross; sur, UE 2829; leste, r/ Pablo Picasso; oeste, UA-49, UA-50 e espacio edificable de r/ Santo Antonio.

e) Modificación que ten por obxecto sinala-lo carácter non esencial e posibilidade de modificación das UUAA delimitadas no PXOU, así como os sistemas de actuación establecidos.

f) Modificación do apartado 2 do punto 11.7 da normativa e introducción dun novo apartado ó punto 11.3 relativo ás condicións xerais dos usos residenciais en SNU.

g) Modificación que ten por obxecto introducir na normativa os conceptos de altura mínima de planta baixa e tratamento dos paramentos nos edificios de vivendas.

h) Modificación que ten por obxecto regula-la construcción de muros de contención de terra dando fronte a vías.

2.-Publica-lo acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e comunicalo, con traslado do expediente tramitado e dous exemplares dilixenciados do documento aprobado, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, quedando condicionada a súa eficacia e entrada en vigor ó cumprimento destes trámites.

3.-Determinar, de acordo co establecido no Art. 6 da Lei 7/1995 anteriormente citada, que o acordo adoptado pon fin á vía administrativa, e que contra el se pode recorrer directamente perante a xurisdicción contencioso-administrativa.

Culleredo, 18 de decembro de 1996.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

116