Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 12 de decembro de 1996 e en exercicio da competencia delegada polo Art. 2 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, adoptou o seguinte acordo:

-Aprobar con carácter definitivo unha modificación puntual do PXOU que ten por obxecto a incorporación e exclusión de camiños do viario público.

-Publica-lo acordo de aprobación definitiva no Diario oficial de Galicia e comunicalo, con traslado do expediente tramitado e dous exemplares dilixenciados do documento aprobado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, quedando condicionada a súa eficacia e entrada en vigor ó cumprimento destes trámites.

-Determinar, de acordo co establecido no Art. 6 da Lei 7/1995 anteriormente citada, que o acordo adoptado por fin á vía administrativa, sendo directamente recorrible perante a xurisdicción contencioso-administrativa.

Culleredo, 18 de decembro de 1996.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

78