Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o 14 de decembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Laxe, consistente na reordenación de espacios públicos e edificacións no contorno do mercado municipal, recalificando unha parcela de titularidade municipal situada na parte posterior deste como solo residencial denso ó igual co do cuarteirón de que forma parte, que na actualidade figura como espacio público para situar no andar baixo desta o novo mercado municipal, e eliminando a parcela de equipamentos que ocupa o mercado municipal existente, pasando a ser espacio libre, de xeito que se poida executar de forma axeitada a urbanización de todo o espacio público resultante formándose unha praza pública, e redactado polo arquitecto Álvaro Fernández Carballada.

Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia, e comunicarlle este ó Servicio Provincial de Urbanismo da Delegación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á que se lle dará traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares do proxecto da modificación puntual das NSPM de Laxe aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, e dispoñe-la publicación das normas e ordenanzas do proxecto da modificación puntual das NSPM de Laxe no BOP.

Terceiro.-A eficacia deste acordo, así como a entrada en vigor da modificación aprobada, quedará diferida ó cumprimento do disposto no apartado precedente, e unha vez que transcorra o prazo dos quince días hábiles seguintes ó da publicación das normas e ordenanzas da devandita modificación no BOP.

Laxe, 17 de decembro de 1996.

Antonio Castro Lema

Alcalde-presidente

0296