Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 723

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONTRATACIÓN de servicio.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na contrtación do servicio de seguridade para as unidades clínicas que xestiona no hospital do Meixoiro de Vigo.

Nº de expediente: SER/MED-V/01/97.

Orzamento: 2.702.792 ptas.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas administrativas do instituto no hospital do Meixoeiro (planta-1, anexo II), Meixoeiro s/n, Vigo, de 9 a 14 horas. O prazo de presentación de ofertas é de dez días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares, técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas do instituto no hospital do Meixoeiro, no horario sinalado, ou no teléfono (986) 81 11 82.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

Xosé Carlos Abal López-Valeiras

Director xerente do hospital do Meixoeiro de Vigo

9295