Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de axencias marítimas e aduaneiras.

Visto o expediente do convenio colectivo de axencias marítimas e aduaneiras, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-12-1996, subscrito en representación da parte económica por Proamar e Ascofer e, da parte social, por UGT e CC.OO. o día 18-9-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decretro 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios coelctivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificación ás

representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de decembro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de axencias marítimas e aduaneiras

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas consignatarias de buques, axencias de aduanas, empresas estibadoras, portuarias e comisionistas de tránsito, establecidas na provincia da Coruña ou que desenvolvan as súas actividades nela, e os seus traballadores.

O presente convenio afectará a tódolos centros de traballo que, comprendidos no ámbito funcional deste, se atopen situados na provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos dentro do ámbito do convenio tódolos traballadores que presten os seus servicios por conta dalgunha das empresas comprendidas nos ámbitos funcional e territorial, calquera que sexa a categoría profesional que desempeñen. Así mesmo, quedarán incluídos aqueles que, sen pertenceren ó cadro de persoal das empresas en cuestión no momento de se aproba-lo presente convenio, comecen a presta-los seus servicios nelas durante a vixencia deste.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia do convenio.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o 1º de xaneiro, a excepción do réxime económico, e a súa vixencia será desde o 1º de outubro de 1996, e rematará o seu período de vixencia o 31 de decembro de 1997.

Entenderase prorrogado de ano en ano, se o 31 de decembro de 1997 calquera das partes signatarias del non o denunciase con, polo menos, dous meses de anticipación ó remate da súa vixencia.

A parte que promova a negociación deberá notificarlle a denuncia por escrito á outra parte, expresando detalladamente:

a) Lexitimación que posúe.

b) Ámbitos do convenio colectivo.

c) Material do convenio colectivo que quere ser obxecto de negociación.

Co fin de evitar baleiro normativo, denunciado o convenio e ata que non se logre acordo expreso,

perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais manténdose as normativas ata a sinatura do convenio que o substitúa.

Artigo 4º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que en concepto de calquera clase e no seu conxunto sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio colectivo, entendéndose estrictamente ad personam. En todo o demais, as condicións desfrutadas polos traballadores entenderanse unificadas polas normas deste convenio.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou algúns dos conceptos retributivos existentes ou por creación doutros novos, unicamente terán eficacia práctica se, globalmente considerados e sumados ós vixentes con anterioridade ó convenio, superan o nivel total deste. En caso contrario, considéranse absorbidos polas melloras pactadas no presente convenio.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1º. Interpretación auténtica do convenio.

2º. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3º. Conciliación facultativa nos problemas colectivos con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós organismos pertinentes.

4º. Vixilancia e cumprimento do pactado.

5º. Cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Os acordos ou resolucións adoptados polos votos favorables da maioría de cada unha das representacións integrantes da comisión terán carácter vinculante.

De non obterse decisión vinculante, seguiranse as canles legalmente previstas para a resolución das cuestións presentadas.

A comisión estará formada por 6 vocais, 3 pola parte empresarial e 3 pola parte social, que serán designados polas respectivas representacións actuantes no convenio.

Poderán nomearse asesores por cada representación, os cales terán dereito a voz pero non a voto nas reunións da comisión.

A comisión reunirase por instancia das partes, poñéndose de acordo sobre o lugar e hora na que deberá celebrarse a reunión.

En ningún caso poderá reunirse a comisión antes do transcurso do prazo de tres meses desde a anterior, salvo no suposto de circunstancias extraordinarias debidamente xustificadas e apreciadas de común acordo.

Esta comisión paritaria estará formada polas persoas que se mencionan a seguir:

Parte empresarial: Francisco Santiáñez Orero, Antonio Puey Galván, Gonzalo Antón Miranda.

Parte social: Manuel Pardo López, Bienvenido Martínez Barro e Pedro García Flores.

Artigo 7º.-Ultra-actividade do convenio.

As disposicións deste convenio permanecerán integramente inalterables durante todo o tempo que para a súa vixencia se establece no artigo 3º, sen que en ningún caso resulten afectadas por outras contidas en acordos e convenios de ámbito superior que se asinen durante a vixencia deste.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 8º.-Organización do traballo.

A organización práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, de conformidade coa Lei do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre esta materia e deberá exercela dentro do marco legal correspondente.

Artigo 9º.-Clasificación do persoal segundo a súa función. Normas xerais.

1. Categorías enunciativas. As categorías consignadas no presente convenio non supoñen obriga de ter provistos tódolos cargos enumerados, se a necesidade e o volume da empresa non o require.

2. Poderes. As empresas poderán conceder e revogar libremente poderes ó persoal que consideren oportunos e, sempre que non implique apoderamento xeral, aquela circunstancia non variará a clasificación que polas súas funcións lle corresponda e sen prexuízo da maior retribución que polo outorgamento de poderes se lle conceda.

-Grupos profesionais.

Grupo l) Servicios administrativos.

a) Titulado.

b) Administrativo.

Grupo 2) Servicios varios.

Servicios administrativos.

Titulado: integrado polos que, para figuraren no cadro de persoal, se lles esixa título superior ou de grao medio, expedido polo Estado, sempre e cando realicen dentro da empresa funcións específicas da súa carreira ou título, e sexan retribuídos de maneira exclusiva ou preferente mediante soldo ou a prezo fixado, sen suxeición, polo tanto, á escala de honorarios usual na profesión.

Administrativo: comprendidos nel cantos, posuíndo coñecementos suficientes de mecánica administrativa, técnicos, contables e aduaneiros, realicen en oficinas xerais ou centrais, delegacións, representacións ou outros centros dependentes da empresa, así como a bordo dos buques e instalacións de organismos oficiais ou outros calquera, aqueles traballos recoñecidos polo costume ou hábito mercantís, ben sexan relacionados coa actividade marítima ou non, como persoal de oficinas e despachos.

Servicios varios.

Intégrao aquel persoal que realiza funcións de acondicionamento, manipulación e conservación de máquinas ou material mecánico, así como manipulación de guindastres, pas cargadoras, carretas elevadoras e outros elementos autopropulsados; almacenaxe e conservación de mercadorías, e calquera outra actividade que unicamente requira achega de esforzo físico e de atención sen esixencia de práctica operativa.

Os manipulantes de pas cargadoras, guindastres e conductores de camión serán oficiais de primeira se executan toda clase de reparacións que non esixan elementos de taller; nos demais casos, serán, como mínimo, oficiais.

Categorías profesionais.

-Grupo l. Servicios administrativos:

Titulados: titulado de grao superior.

Titulado de grao medio.

Administrativo:

Xefe de sección.

Xefe de negociado.

Asimilado a xefe de negociado.

Oficial administrativo.

Auxiliar administrativo.

Menores de 18 anos.

Telefonista.

-Grupo 2. Servicios varios:

Encargado de sección.

Encargado de almacén/almaceneiro.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Manipulante.

Conductor de camión.

Conductor de turismo.

Mozo de almacén.

Peón.

Menores de 18 anos.

Artigo 10º.- Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, de luns a venres, para tódolos traballadores.

Xornada de verán. O persoal de servicios administrativos terá unha xornada continuada de sete horas diarias desde o quince de xuño ó quince de setembro, ambos incluídos.

Artigo 11º.-Vacacións.

Os empregados, calquera que sexa o grupo ou categoría á que pertenzan, teñen dereito a unhas vacacións anuais cunha duración de 30 días naturais para todo o persoal que leve un ano na empresa. As empresas establecerán para cada centro de traballadores ou dependencia, o cadro de vacacións do persoal afecto a ela, coidando de que os servicios

queden atendidos e procurando acceder ós desexos daquel. Para as imcompatibilidades aplicarase o establecido no artigo 38 do Estatuto dos traballadores. Nas oficinas que teñan organización por seccións e a extensión do cadro de persoal o permita, farase un cadro por sección sen prexuízo da coordinación que debe establecerse entre todos, para o problema xeral da oficina. A duración das vacacións para o persoal que leve ó servicio da empresa menos dun ano estará en proporción ó tempo de servicio; a fracción de mes considerarase como un mes completo.

Artigo 12º.-Ascensos.

Co obxecto de dárlle-la suficiente mobilidade ás escalas, os auxiliares administrativos maiores de vintetrés anos e con cinco anos de servicios efectivos na empresa como empregados administrativos, ascenderán automaticamente a oficiais, coa obriga de seguiren desempeñando as mesmas funcións mentres non existan vacantes na súa nova categoría.

Os oficiais administrativos pasarán a xefe de negociado ós dez anos de servicios na mesma categoría, de acordo cos cadros de persoal establecidos en cada empresa; de non haber vacante, manteranse na mesma categoría, percibindo, como compensación, o setenta e cinco por cento das diferencias entre as categorías de oficial e de xefe de negociado.

O presente artigo só será aplicable ós traballadores que se atopasen en activo na empresa o día 31 de decembro de 1990.

Artigo 13º.-Festa patronal.

Establécese o día da Virxe do Carme como festa patronal con carácter retribuído e non recuperable.

Artigo 14º.-Xubilación.

Ó se xubilar un traballador con 20 anos de servicio na empresa, sempre que o faga ó cumpri-la idade regulamentaria, 65 anos, percibirá como gratificación o importe de 12 mensualidades consistentes en salario base máis antigüidade.

Establécese que as empresas e os traballadores afectados polo presente convenio poderán, durante a súa vixencia, acollerse á xubilación anticipada ós sesenta e catro anos, de acordo co establecido no Real decreto lei 1194/1985, do 17 de xullo.

Capítulo III

Melloras sociais

Artigo 15º.-Incapacidade temporal.

En caso de enfermidade, os salarios que o traballador percibirá serán do 100% da retribución correspondente á súa categoría e complementos que lle correspondan, cobrando a diferencia existente entre a prestación que reciba do INSS pola dita enfermidade, tendo a facultade a empresa para revisar e facer que recoñezan o traballador médicos ó seu servicio.

Artigo 16º.-Compensación en caso de accidente.

En caso de accidente de traballo con incapacidade temporal, a empresa coidará de que se lle aboe o complemento necesario ó salario asegurable para

que, xuntamente coa prestación económica da entidade aseguradora, o traballador perciba o total da súa retribución desde o primeiro día de ocorrido o accidente incluído.

Capitulo IV

Réxime económico

Artigo 17º.-Salario base.

Considerarase salario base o que figura no anexo l deste convenio e aplicables a partir do 1º de outubro de 1996 incluídos.

Artigo 18º.-Premio de antigüidade.

O premio de antigüidade consistirá en trienios do cinco por cento de incremento sobre os salarios establecidos no presente convenio.

Este premio non poderá supera-lo sesenta por cento do salario base.

Os traballadores que, á entrada en vigor do presente convenio, teñan unha porcentaxe de antigüidade superior, conservarano como garantía ad personam.

Artigo 19º.-Premio de idiomas.

A gratificación por este concepto será de 6.783 ptas. mensuais.

Artigo 20º.-Quebranto de moeda.

A gratificación por este concepto será de 6.783 ptas. mensuais.

Artigo 21º.-Apoderamento.

Os traballadores que realicen funcións de apoderado desfrutarán sobre o soldo que lles corresponda unha gratificación de 6.783 ptas. mensuais.

Artigo 22º.-Plus de transporte.

Establécese para compensa-los gastos de desprazamento do persoal ós centros de traballo, un plus de 17.806 ptas. mensuais, descontándose a parte proporcional correspondente por cada día laborable non traballado, sexa cal for a causa.

Artigo 23º.-Plus de asistencia ó traballo.

Establécese un plus de asistencia para o persoal consistente na percepción de 6.783 ptas. mensuais, descontándose a parte proporcional por cada día laborable non traballado, a excepción do período de vacacións e durante a situación de incapacidade temporal por enfermidade ou accidente, que se percibirá íntegro.

Artigo 24º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio para tódolos traballadores. Os importes por categorías do dito plus son os que figuran na táboa do anexo l deste convenio. O plus de convenio farase efectivo nas doce mensualidades e, ademais, nas catro pagas extraordinarias.

Artigo 25º.-Salario hora profesional.

O salario hora profesional deixa de ter virtualidade para o cómputo do valor da hora extraordinaria ó terse pactada a regulación das horas extraordinarias na forma seguinte:

a) Clasificación das horas extraordinarias.

Distinguiranse dous tipos de horas extraordinarias: tipo A e tipo B.

No porto da Coruña serán horas tipo A as realizadas de luns a venres entre as 6 e as 22 horas, e as realizadas os sábados entre as 6 e as 14 horas.

No porto de Ferrol serán horas tipo A as realizadas de luns a venres entre as 6 e as 23.30 horas e as realizadas os sábados entre as 6 e as 14 horas.

No porto da Coruña serán horas tipo B as realizadas entre as 22 e as 6 horas, as realizadas en sábados a partir das 14 horas e as realizadas en domingos e festivos.

No porto de Ferrol serán horas tipo B as realizadas entre as 23.30 e as 6 horas, as realizadas en sábados a partir das 14 horas e as realizadas en domingos e festivos.

b) Valor das horas extraordinarias.

O valor das horas extraordinarias tipo A e tipo B será o que figura na táboa do anexo l deste convenio colectivo.

O valor das horas extraordinarias que se mencionan no presente artigo entrará en vigor a partir do día 1 de outubro de 1996, incluído.

Artigo 26º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá catro pagas extraordinarias, dunha mensualidade cada unha delas, que se calcularán con base no salario base máis antigüidade e mailo plus de convenio, e faranse efectivas na primeira quincena dos meses de marzo, xullo, outubro e decembro.

Exclusivamente en 1996 e por unha soa vez, os traballadores afectados polo presente convenio colectivo percibirán, na nómina correspondente ó mes de outubro de 1996, unha gratificación consistente no importe que por categorías profesionais figura no anexo II deste convenio. Esta gratificación cotizará á Seguridade Social sumada á retribución correspondente ó mes de outubro de 1996.

Artigo 27º.-Horas extraordinarias estructurais.

De acordo co artigo 30 da Orde do 1 de marzo de 1983, terán a consideración de horas extraordinarias estructurais dentro do sector afectado polo presente convenio, as realizadas con motivo da adaptación ós horarios do porto onde, en ocasións, os buques traballan dúas ou tres xornadas continuadas, o que obriga o persoal das empresas ó traballo intensivo, co obxecto de atende-los buques e as mercadorías que estes mobilizan nos distintos peiraos e almacéns. Así mesmo, consideraranse horas estructurais as realizadas por necesidade do servicio os sábados, domingos e festivos.

Artigo 28º.-Cláusula de revisión.

A partir do 1 de xaneiro de 1997, incluído, incrementaranse todos e cada un dos conceptos de carácter económico que están expresados neste convenio, e para tódolos traballadores, na porcentaxe do IPC (índice de prezos ó consumo) previsto para o ano 1997, e regularizarase ó final dese ano e tan pronto como se teña coñecemento oficial do IPC efectivo e definitivo resultante en 1997, aboándose a dife

rencia na nómina correspondente ó mes de xaneiro de 1998.

Artigo 29º.-Servicio militar obrigatorio ou civil substitutorio.

O traballador que se incorpore ó servicio militar ou civil substitutorio terá dereito, unha vez cumprido este, a se reincorporar ó seu posto de traballo. Non terá dereito a percibir da empresa, durante este período, cantidade económica de ningún tipo.

Capítulo V

Garantías sindicais

Artigo 30º.-Igualdade de oportunidades.

As empresas afectadas polo presente convenio comprométense a non discriminar ningún posto de

traballo por razón de idade, sexo, relixión ou ideoloxía política.

Artigo 31º.-Garantías dos traballadores. Garantías sindicais.

Ningún traballador que estea representando os traballadores, delegados de persoal, delegados de empresa, membros da comisión paritaria e outra representatividade encomendada, pode ser despedido durante un prazo dun ano con posterioridade a este, salvo falta susceptible de despedimento suficientemente probado e logo de incoación de expediente. Os delegados dos traballadores, así como os membros da comisión paritaria, disporán do tempo libre necesario dentro do horario laboral para asistir a cantas reuniónss e asembleas se consideren necesarias, marcándose un máximo segundo o establecido no Estatuto dos traballadores (Lei 8/1980, do 10 de marzo), aboados pola empresa.

ANEXO I

Salario base mensualPlus de convenioCómputo anualHoras extras (tipo A)Horas extras (tipo B)

Grupo 1
-Titulados:
Titulado grao superior131.8566.0002.482.9581.8152.569
Titulado grao medio115.2645.2452.205.4061.5872.288
-Administrativos:
Xefe de sección131.8566.0002.482.9581.8152.569
Xefe de negociado115.2645.2452.205.4061.5872.288
Asimilado a xefe de negociado112.0945.1002.152.3661.5432.288
Oficial administrativo102.5824.6681.993.2621.4122.288
Auxiliar administrativo81.1583.6931.634.8781.1171.581
Menor de 18 anos67.1743.0571.400.9589251.308
Telefonista77.7573.5381.577.9821.0701.514

Grupo 2
Encargado de sección89.7384.0831.778.3981.2382.288
Encargado de almacén86.7903.9491.729.0861.2382.288
Oficial de primeira86.7903.9491.729.0861.2382.288
Oficial de segunda83.1083.7811.667.4861.1441.619
Manipulante83.1083.7811.667.4861.2382.288
Conductor de camión83.1083.7811.667.4861.1441.619
Conductor de turismo83.1083.7811.667.4861.1441.619
Mozo de almacén80.0863.6441.616.9421.1021.560
Peón80.0863.6441.616.9421.1021.560
Menor de 18 anos64.5872.9391.357.6788891.258

ANEXO II

Categoría profesionalGratificación

(conforme artigo 26)

Grupo 1
Titulado de grao superior83.567
Titulado de grao medio74.129
Xefe de sección83.567
Xefe de negociado74.129
Asimilado a xefe de negociado72.320
Oficial administrativo66.913
Auxiliar administrativo54.708
Menor de 18 anos46.745
Telefonista52.779

Categoría profesionalGratificación

(conforme artigo 26)

Grupo 2
Encargado de sección59.592
Encargado de almacén/almaceneiro57.919
Oficial de primeira57.919
Oficial de segunda55.819
Manipulante55.819
Conductor de camión55.819
Conductor de turismo55.819
Mozo de almacén54.100
Peón54.100
Menor de 18 anos45.276

0264