Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de decembro de 1996 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a cobertura de postos de traballo, mediante contratacións laborais de carácter temporal dedicadas á realización de traballos ocasionais de carácter selvícola e medioambiental.

Advertido o erro no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 7, do 13 de xaneiro de 1997, procede efectúa-la oportuna corrección.

No artigo 6º punto 2, onde di: «Para o chamamento con cargo ás listas correspondentes ós distritos do Servicio de Montes e Industrias Forestais terase en conta a seguinte particularidade:». Debe dicir: «Para o chamamento con cargo ás listas correspondentes ós distritos do Servicio de Montes e Industrias Forestais e a zonificación especial do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, terase en conta a seguinte particularidade:».

No anexo III, apartado b/, no cadro de zonificación xeral da provincia da Coruña, na zona de Ortigueira, engádese o concello de Cerdido. No cadro de zonificación xeral da provincia de Lugo, na zona de Viveiro, engádese o concello de Burela. No cadro de zonificación xeral da provincia de Ourense, na zona de Celanova, na columna de gardas rurais onde di: «3», debe decir: «2», e na zona de Xinzo de Limia, na columna de gardas rurais onde di: «0», debe dicir: «1».

9416