Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 2 de xaneiro de 1997 pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1997.

Dándolle cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede actualiza-los prezos dos servicios de campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, ata agora fixados pola Orde do 2 de xaneiro de 1996 (DOG nº 9 do 12 de xaneiro).

A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exancións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes se acordara por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. As tarifas esixibles como contraprestación polos servicios e actividades de campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, son as que se fixan no anexo desta orde. A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

2. As tarifas recollidas no anexo desta orde serán expostas nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

3. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia ó uso de tódalas súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboa-las tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

4. Estes prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE

A. Utilización dos campamentos e albergues de verán en réxime de oferta concertada.

A.1. Campamentos (por praza).

Tarifa en ptas

Por quincena13.500

Por día1.150

A.2. Albergues e residencias (por praza).

Por quincena17.500

Por día1.625

A.3. Os prezos nos campamentos, albergues e residencias abranguen os seguintes servicios: o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

B. Promoción directa da dirección xeral.

B.1 Campamentos (por praza).

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena)15.500

Promoción normal (quenda de 10 días)11.500

Cursos de especialidade (por quincena)19.000

Aulas de aire libre (por quincena)16.000

Aulas de natureza (por quincena)16.000

Curso de piragüísmo (por quincena)19.000

B.2. Albergues (por praza).

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena)20.000

Promoción normal (quenda de 10 días)13.300

Cursos de especialidade (por quincena)21.000

Cursos de idiomas estranxeiros (por quincena)22.000

Cursos de náutica: vela, táboa e esquí (quincena)26.000

Cursos de náutica: vela e taboa (por quincena)22.000

Rutas turístico-culturais e deportivas22.000

Cursos de piragüísmo (por quincena)22.000

B.3. Campos de traballo (por praza)

Ámbito autonómico e nacional (por quincena)9.000

Ámbito internacional (por quincena)9.000

C. Por servicios nos albergues e residencias.

Debendo posuí-lo carné de REAX (Red Nacional de Albergues Juveniles) o IYHF (Federación Internacional de Albergues Juveniles).

Servicios por persoalAta 26 anosMaiores de 26 anos

Pensión completa1.7502.325

Media pensión (1)1.3501.850

Aloxamento 7501.100

Aloxamento e almorzo925 1.350

Xantar ou cea 700775

(1) Inclúe: aloxamento, almorzo e cea.

D. Servicio nas residencias xuvenís para estudiantes (por praza e mes, curso 1996/97): abrangue do 1 de outubro ó 30 de xuño.

Tarifa en ptas.

Residentes internos34.500

Medio pensionistas externos

(xantar e merenda)14.000

E. Servicios nas instalacións recreativo-deportivas.

E.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctricaeléctrica

Adiestramento/hora

para infantís e xuvenís9501.350

Partidos1.3002.500

E.2. Uso de pistas polideportivas descubertas.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctricaeléctrica

Ata dezaoito anos

e maiores/hora525925

E.3. Uso de pistas de tenis.

Infantís-xuvenís/hora250

Maiores de 18 anos350

E.4. Uso de piscina non climatizada.

Infantís-xuvenís125

Maiores de 18 anos250

F. Servicios para actividades recreativas ó aire libre en campamentos e albergues.

F.1. Acampadas (con tenda da entidade): 75 ptas./día e persoa.

F.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

2.700 ptas./día/grupo de ata 100 usuarios.

4.900 ptas./día/grupo de 101 a 300 usuarios.

7.800 ptas./día/grupo de 301 a 500 usuarios.

12.900 ptas./día/grupo de máis de 500 usuarios.

222