Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 648

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (331/1996).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo nº 331/1996, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na cidade de Santiago de Compostela, o 5 de decembro de 1996, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, víu os presentes autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co número 331/1996, promovidos por Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador García Piccoli e dirixido polo letrado Sr. Andrés J. Lareu, contra a entidade A e P Producción e Comercio, S.L., Fernando Méndez López e Mercedes Isabel Varela Carreira, con domicilio en San Pedro de Mezonzo, número 44-7-A, de Santiago de Compostela, declarados en rebeldía.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata dar trance e remate dos bens embargados á entidade A e P Producción e Comercio, S.L., Fernando Méndez López e Mercedes Isabel Varela Carreira, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora das responsabilidades por que se despachou a execución, a cantidade de 282.834 ptas. importe de principal, e ademais ó pagamento debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia por non ser firme, poderá interporse neste xulgado, e para a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, ós demandados, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o 17 de decembro de 1996.

Rubricado

9564