Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 648

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (125/1996).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Dou fe: que nos autos de que se fará mérito dictouse sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela o 20 de novembro de 1996.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro de Santiago de Compostela e do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 125/1996, seguidos por furto sendo denunciante Carlos Manuel Varela Ulla, maior de idade e aparecendo como parte denunciada Juan Carlos Bel Muñiz, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Juan Carlos Bel Muñiz da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Bel Muñiz, o cal se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 16 de decembro de 1996.

O secretario

Rubricado

297