Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 648

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (110/1994).

En virtude do que acordou a maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, en autos de xuízo de faltas nº 110/1994 que se seguen por lesións en accidente de tráfico, por medio da presente cédula cítase a Carmen Rodríguez Facal, en calidade de denunciada e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día vintedous de xaneiro de 1997, ás once cincuenta horas, compareza na sala de audiencias nº 3, que lle corresponde a este xulgado, sita na primeira planta do edificio dos xulgados, rúa Viena nº 1-3, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facén

dolle saber que pode comparecer acompañada de avogado, e advertíndoa de que deberá comparecer cos medios de proba dos que intente valerse e que, se non o verifica, recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1997.

O secretario

Rubricado

0123