Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 647

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

CÉDULA de notificación de sentencia (51/1996).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, dá fe de que no xuízo de faltas ó que se fará mención, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia.-En Corcubión, o trece de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por María Zulema Gento Castro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, os autos de xuízo de faltas 51/1996, sobre ameazas, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, denunciante María del Carmen Carril Rodríguez, e como denunciada Carmine Troiano.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Carmine Troiano, con toda clase de pronunciamentos favorables e declarando de oficio as custas procesuais que se puidesen causar.

Notifíqueselle esta resolución ó Ministerio Fiscal e demais partes, coa advertencia de que non é firme e si recorrible en apelación polo prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mando e asinoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Carmine Troiano, expido e asino a presente cédula en Corcubión o tres de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Óscar Méndez Fernández

Secretario

9557