Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 595

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (102/1996).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo de cognición nº 102/1996 seguidos neste xulgado, se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo de cognición nº 102/1996, promovidos por Caja Postal, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes e defendido polo letrado José Mª Puñal Costa, contra José Manuel Crespo Valladares, declarado en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda formulada por Caja Postal, S.A., contra José Manuel Crespo Valladares, debo condenar e condeno a este último a que lle aboe á demandante a cantidade de cento dezanove mil catrocentas sesenta e dúas pesetas (119.462), mailos xuros legais desde a data da presentación da demanda, e impoñéndolle as custas deste procedemento.

Líbrese e únaselles certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Contra esta resolución cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde a notificación ás partes.

Así por esta sentencia que, pola rebeldía do demandado, se notificará na forma e modo que a lei prevén para os rebeldes, definitivamente xulgando pronúncioo, mando e asino. Rubricado. Leonor Castro Calvo. Maxistrada-xuíza».

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado José Manuel Crespo Valladares, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela, cinco de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9363