Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 595

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (96/1994).

En virtude do acordado nos autos de xuízo verbal civil nº 96/1994, seguidos neste xulgado por instancia de Rosa Pérez Carrera, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Santiago Carou Fernández, en rebeldía procesual, con data do vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e seis se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal civil, seguidos co número 96/1994, por instancia de Rosa Pérez Carrera, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Santiago Carou Fernández, declarado en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade por danos ocasionados en accidente de tráfico.

Decido que, con estimación íntegra da demanda presentada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Rosa Pérez Carrera, contra Santiago Carou Fernández, sobre reclamación de cantidade por danos ocasionados en accidente de tráfico, debo condenar e condeno a Santiago Carou Fernández a lle aboar ó demandante a suma de cento dúas mil setecentas sesenta e unha pesetas (102.761 ptas.) que por danos e perdas lle reclama, máis os xuros legais do artigo 921 da LAC, con imposición de custas ó demandado. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e para que sirva de notificación en legal forma ó demandado en ignorado paradoiro Santiago Carou Fernández, que tivo o último domicilio coñecido na Rúa Virxe do Rial nº 8 de Santiago de Compostela, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintesete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario xudicial

9364