Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 594

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (92/1994-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 92/1994, promovidos polo procurador Fernández Rial, en nome e representación de Caixa de Aforros de Galicia, acordouse sacar a pública poxa por tres veces e por termo de vinte días cada unha delas o seguinte predio:

Casa sen número do lugar de Proupín, parroquia de Santo Estevo de Covas, municipio de Ames, ó sitio de Covas de Agra, cunha superficie construída de douscentos metros cadrados aproximadamente, composta dunha soa planta en dous niveis, para vivenda unifamiliar, un soto para adega e un garaxe en semisoto. Co terreo de labradío que a rodea forma un só predio de trinta e catro áreas e cincuenta e unha centiárea de extensión superficial, que estrema: norte e oeste, con terreo excluído; sur, camiño de concentración parcelaria e este, María Fuente Gómez.

Título: escritura de declaración de obra nova outorgada o 11 de decembro de 1984 ante o notario de Santiago de Compostela, Juan José Ecenarro y Anzorandia, número de protocolo 2.959.

Inscrición: tomo 599, libro 153, folio 136, predio 15.263.

A poxa terá lugar o día tres de marzo de 1997 ás 12 horas na Sala de Audiencia deste xulgado ó prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de dezanove millóns seiscentas cincuenta

mil oitocentas cincuenta e dúas pesetas (19.650.852 ptas.), se non concorren ofertantes, sinálase para a segunda o día dous de abril de 1997, ás 12 horas co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira, non habendo ofertantes na segunda sinálase para a terceira o día vintenove de abril de 1997 ás doce horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a continuación se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de dezanove millóns seiscentas cincuenta mil oitocentas cincuenta e dúas pesetas, que é o tipo pactado na mencionada escritura, en canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso, en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos ó 20% do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de ceder o remate a un terceiro e realízanse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuado a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto en secretaría, e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa farase constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa destas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecario conforme os artigos 262 ó 279 da LAC de non ser achado nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, dous de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9100