Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 593

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (294/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía, notifícaselles ós demandados María de los Ángeles Méndez Liñares e José Luis Ríos Pena, a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que seguen:

«Sentencia. Na cidade de Ordes, o vintenove de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Cristina María Paz Eiroa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta cidade, viu os presentes autos de menor contía número 294/1995, promovidos por Caixa de Aforros Municipal de Vigo, representado polo procurador Castro del Río, e dirixido polo letrado Manuel Anca Mesejo, contra María de los Ángeles Méndez Liñares e José Ríos Pena, declarados en rebeldía;

Seguen antecedentes de feitos e fundamentos xurídicos.

Resolvo que considerando a demanda formulada pola entidade Caixa de Aforros Municipal de Vigo, contra María de los Ángeles Méndez Liñares e José Luis Ríos Pena, condeno solidariamente os demandados a pagarlle á demandante a cantidade de oitocentas vinteúnha mil setecentas cincuenta e catro

pesetas (821.754 pesetas), en concepto de principal, xuros e demoras vencidos ata o 25 de agosto de 1995, mailos xuros de demora, ó tipo pactado do 18,75% anual, que se vai computar sobre o principal adebedado de 692.597 pesetas, desde a data da sentencia; e ó pagamento das custas do procedemento.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expido o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada declarada en rebeldía e en paradoiro descoñecido.

Dado en Ordes o seis de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9555