Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 593

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (215/1996).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido, no expediente de declaración de herdeiros ab intestato seguido neste xulgado co número 215/1996, sendo a promovente Concepción Lojo Fabeiro e o causante Domingo Fabeiro Caamiña, natural de Muros, fillo de Domingo Fabeiro Olveira e María Caamiña Vara, finado no seu domicilio en Muros, sen testar, e que no seu expediente se interesa a declaración de herdeiros ab intestato do defunto, a súa irmá María Fabeiro Caamiña sen prexuízo da cota legal usufructuaria correspondente á viúva Buenaventura Lojo Iglesias, chámase por medio do presente edicto a cantas persoas se crean con igual ou mellor dereito á herdanza, para que dentro do prazo de trinta días contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto, comparezan perante o Xulgado de Muros, reclamándoo.

Muros, vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9367