Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 593

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE LALÍN

EDICTO (110/1996).

Denise Romero Barciela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín (Pontevedra), fai saber que no expediente de suspensión de pagamentos nº 110/1996, que se tramita perante este xulgado por instancias da entidade Construcciones Suso Chaira, S.L., se dictou con esta data auto polo que se aproba o convenio de pagamento presentado pola entidade Industrias González e que consiste nos mesmos termos cá proposta da suspensa, a cal contén as seguintes condicións:

A entidade Industrias González propón o pagamento do 40% da débeda da seguinte forma:

Ano 1 (1997), ó termo do ano 1 (decembro de 1997) aboarase o 3% da débeda.

Ano 2 (1998), pagarase o 10% da débeda: o 5% en xullo de 1998 e o 5% restante en decembro dese mesmo ano.

Ano 3 (1999), aboarase o 12% da débeda: o 6% en xullo de 1999 e o 6% restante en decembro dese mesmo ano.

Ano 4 (2000), pagarase o 15% da débeda: o 7,5% en xullo do 2000 e o 7,5% restante en decembro dese mesmo ano.

O pagamento da dita porcentaxe levarase a cabo mediante obrigas de pagamento libradas todos nunha soa data e librados un ano antes da data do primeiro vencemento.

Lalín, cinco de decembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9234