Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 595

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (323/1996).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fai saber que no xuízo executivo número 323/1996, promovido polo Banco Central Hispanoamericano, S.A., con CIF A-28000446, domiciliado na rúa Compostela nº 8-4º Esq. (A Coruña), representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Francisco Javier Martínez Castro, Mª Esperanza García Fernández, Celso Martínez Vigo e Carmen Castro Fraga, en reclamación de cantidades por importe de 1.961.097 pesetas, por principal, xuros e custas orzadas, acordei por providencia desta data, citar de remate á dita parte demandada, Francisco Javier Martínez Castro, con

DNI 33.257.401-J, domiciliado na Lavacolla nº 6 (Santiago de Compostela), Mª Esperanza García Fernández, con DNI 33.264.250-V, domiciliada na Lavacolla nº 6 (Santiago de Compostela), Celso Martínez Vigo, con DNI 33.049.324-A, domiciliado na Lavacolla nº 6 (Santiago de Compostela) e Carmen Castro Fraga, con DNI 33.162.953-N, domiciliada en Lavacolla nº 6 (Santiago de Compostela), con domicilio actual descoñecido, para que no prazo de nove días compareza nos autos por medio de procurador que o represente e avogado que o defenda e se opoña se lle conviñer á execución contra el despachada; realizouse o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. Da mesma forma faise saber que as copias da demanda e documentos que se xuntan a ela están ó seu dispor na secretaría do xulgado. De non comparecer en legal forma, será declarada en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen volvela citar nin facer outra notificación máis que as que a lei determina.

Dado en Santiago de Compostela o dous de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Lorenzo Villalpando Lucas

Secretario

9104