Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 596

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (66/1996-02).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita expediente de dominio número 66/1996-2 por instancia de María Amalia Jiménez Alonso, representada polo procurador Julio Barreiro Fernández, co fin de prosegui-lo tracto sucesivo do seguinte predio:

Piso segundo da casa nº 6 da avenida de Figueroa nesta cidade de Santiago de Compostela. Ten o acceso pola rúa de Entrecercas nº 16. Extensión uns corenta metros cadrados. Estremas: limita polo norte, coa casa nº 5 propia dos herdeiros de José García Barros; polo sur coa casa nº 7 propia de Manuel Cambón; polo leste coa rúa de Entrecercas e polo oeste coa rúa Faxeira de Fóra, por onde ten a súa fachada principal. Predios estremeiros: o piso terceiro do citado edificio é propiedade de terceiras partes dos irmáns María del Carmen, María Concepción e Luis Alonso Carnero Ríos. O piso primeiro é propiedade da comunidade de herdeiros de Elvira Lapatza de Valenzuela, falecida o 23-2-1991.

Polo presente edicto cítase como titular catastral os herdeiros de Elvira Lapatza de Valenzuela; como titular rexistral os herdeiros de Mauricia Ulloa Villar; e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación

deste edicto poidan comparecer no referido expediente para alegar canto conveña ó seu dereito para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, cinco de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9102