Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 596

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (129/1996).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 129/1996, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 10 de setembro de 1996. Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co nº 129/1996, no que actuou como demandante Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido pola letrada María José Sánchez Salgueiro, e como demandado Piedra Celta, S.L., Albino López Sanmartín, Carmen Valiña Fidalgo, Isaac Miguel Rosón Ferreiro e Mª Concepción Sánchez Brunete Alija, declarados rebeldes nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer trance dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 2.141.871 pesetas de principal e xuros, xuros moratorios pactados, custas e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación contra xuros, custas e gastos a suma de 1.500.000.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación neste xulgado para ser resolto pola audiencia provincial polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ós demandados rebeldes, Piedra Celta, S.L., Albino López Sanmartín e Carmen Valiña Fidalgo, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteseis de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9114