Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 597

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e requirimento (213/1995).

Que en autos de procedemento executivo nº 213/1995, seguidos neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, S.A., representado pola procuradora Losada Gómez, contra os demandados Carlos Núñez Pérez, Carlos Núñez Cerdeira e Venereble Pérez Gil, sobre reclamación de 2.500.230 ptas. de principal e 1.300.000 ptas. calculadas para xuros e custas, en providencia desta data acordouse, mediante a presente cédula, requiri-los citados debedores para que dentro do termo de seis días presenten na secretaría deste xulgado os títulos da propiedade do predio embargado.

Tense designado perito a Javier Jove Pose para que valore o predio embargado; os devandito debedores dispoñen do termo de dous días para que se lles interesa nomeen outro pola súa parte, coa prevención de que, se non o verifican, serán tidos por conformes co nomeado pola demandante.

E para que lles sirva de cédula de requirimento e notificación en forma ós demandados Carlos Núñez Pérez, Carlos Núñez Cerdeira e Venerable Pérez Gil e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

7947