Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996 sobre autorización de apertura de tres novos establecementos da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sitos nas rúas Rosalía de Castro, 12, da Coruña; Progreso, 33-35, de Lugo e Urzaiz, 44, de Vigo (Pontevedra).

Vistos os expedientes instruídos por instancia de Francisco Javier Hidalgo Acera, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., en solicitude da autorización de apertura de tres novos establecementos, na Coruña, na r/ Rosalía de Castro, 12; en Lugo, na r/ Progreso, 33-35, e en Vigo (Pontevedra), na r/ Urzaiz, 44, da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., maiorista-retallista, co código identificativo CICL 37-03, que ten a súa casa central en Salamanca, na Praza dos Irlandeses, 2.

Ó resultar que o interesado xunto coas solicitudes acompañou toda a documentación á que fai refe

rencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Ó resultar que na tramitación dos expedientes se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Ó considerar que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta secretaría xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita en Salamanca, na Praza dos Irlandeses, 2, da que é titular a entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., a apertura de tres novos establecementos na Coruña, na rúa Rosalía de Castro, 12; en Lugo, na rúa Progreso, 33-35, e en Vigo (Pontevedra), na r/ Urzaiz, 44, que serán inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

8767