Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 546

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (83/1991).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 83/1991, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador García Brea, contra Antonio Moar Viqueira e Ana Victorina Grobas Oliver, representados polo procurador Óscar García, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 20 de febreiro, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 250.875.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 20 de marzo ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 21 de abril, ás 10.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán proposicións que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, a excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente o procedemento seguinte: 1584-17-0083/1991, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados encóntranse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houbese, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse licitacións en prego pechado.

Oitava.-No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveránselle as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que lle corresponda ó mellor licitador, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o pedise o acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores, e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

1. Urbano. Inculto no sitio de Chousa de Vieites ou do Cruceiro, na vila de Ordes, e sito no novo campo da feira, sobre o que hai unha edificación de planta baixa e tres altas; a planta baixa ten dezaoito metros de fronte e ocupa ata o fondo do predio, e ten adosado na súa parede un portón que dá acceso ó resto do predio e lles serve de soporte a parte das plantas altas. A superficie total do edificado é de setecentos setenta e cinco metros cadrados. Pola fronte ten, de sur a norte, un vestíbulo con entrada independente desde a rúa, un roupeiro, o portal dá acceso a esta planta e ás dúas altas, un local destinado a taquilla, co seu cuarto de aseo, e un local destinado a cociña-oficio; seguidamente encóntrase a barra e o local do bar, con dous cuartos de aseo xunto á parede do norte; a parte posterior ocúpaa a pista de baile e a parte anterior a colocación de mesas e cadeiros para o bar; pola parte posterior da pista o escenario, con dous camerinos na parte posterior, ós lados dous

cuartos de aseo, nas paredes laterais posteriores hai dúas portas de saída. As plantas altas ocupan a fronte do edificio cunha lonxitude de vinte metros e medio e fondo de dez metros, cunha superficie edificada, unha de douscentos cinco metros cadrados. A planta baixa destínase a discoteca, as plantas altas están sen dividir. Mide todo o predio dez áreas e cincuenta centiáreas. Linda: norte, en corenta e dous metros, Ángel Concheiro Iglesias; sur, María Vieites; leste, máis de Rafael Moar Lata; e oeste, zona que separa da canle do río, destinada a rúa. Inscrición número 7.845, folio 202, libro 138 de Ordes, tomo 547. Valor, 78.000.000 de pesetas.

2. Metade indivisa. Urbano. Sito na vila de Ordes; unha casa en construcción, composta de planta baixa, tres pisos altos e ático, cun soar que mide cento dez metros cadrados, e unido un terreo a labradío e inculto ó que lle chaman Chousa de Vieites ou Do Cruceiro e Canteira, que mide, incluído o soar do edificado, seis áreas trinta e nove centiáreas, ou un ferrado. Linda: norte, Pedro Vieites Quintáns; leste, camiño do Igrexario; sur, Rafael Moar Lata; e oeste, o río. Inscrición: predio número 8.657, folio 159, libro 119 de Ordes, tomo 491. Valor: 13.000.000 de pesetas.

3. Urbana. Sito na vila de Ordes, Avda. Alfonso Senra. Casa que consta de baixo e tres plantas, extensión de douscentos vinte metros e corenta decímetros cadrados. Linda: fronte, avenida de Alfonso Senra ou estrada da Coruña a Santiago de Compostela; dereita, Elvira Conde Ferreiro; esquerda, rúa que dá entrada ó campo da feira, hoxe parque municipal, con vial no medio. Inscrición: predio número 5.078, folio 34, libro 124 de Ordes, tomo 506. Valor: 145.000.000 de pesetas.

4. Rústico. Parcela a devesa, denominada Fraga do Rei; no lugar de Pereiro, parroquia de Buscas, municipio de Ordes, que mide vintecinco áreas e cincuenta e oito centiáreas, equivalentes a catro

ferrados. Linda: norte, parcela igual de José Iglesias Liñares; sur, igual extensión dos herdeiros de Manuel del Río Rúa; leste, camiño público de Margarida; e oeste, prado de Manuel Martínez e de Antonio e Teodomiro Moar, ou representantes ou herdeiros de Pedro del Río, muro no medio. Inscrición: predio número 5.469, folio 201, libro 138 de Ordes, tomo 547. Valor, 800.000 pesetas.

5. Rústico. Predio número 393 do plano xeral de concentración da zona de San Paio de Buscas, cunha extensión dunha hectárea, dezasete áreas e noventa centiáreas, das que cincuenta e catro áreas e oitenta centiáreas son de regadío e o resto de secaño. Linda: norte, camiño público que a separa de Rafael Moar Lata 392; sur, zona excluída, regato no medio; leste e oeste, camiño público. Este predio está cruzado por un regato e outro nace nel e sae polo oeste. Inscrición: predio número 14.905, folio 38, libro 124 de Ordes, tomo 506. Valor: 3.150.000 pesetas.

6. Predio número 394 do plano xeral da zona de concentración parcelaria da zona de San Paio de Buscas, municipio de Ordes. Secaño e regadío no sitio de Fraga. Ten unha superficie de dúas hectáreas, noventa e nove áreas e oitenta e tres centiáreas, das que setenta e cinco áreas e vintetrés centiáreas son de regadío e o resto de secaño. Linda: norte e leste, camiño público; sur, zona excluída, regato no medio, Andrés Louro Conde 395 e outros propietarios 396, 397, 398 e oeste, Manuel Rosende Louro 399 e Antonio Garabato Fuentes 400, regato no medio. Inscrición: predio número 14.907, folio 39, libro 124 de Ordes, tomo 506. Valor: 8.575.000 pesetas.

7. Rústico. Sita no lugar da Margarida, parroquia de Buscas, municipio de Ordes. Monte con prado ó leste denominado dos Pradechos da Cima, dunha hectárea, catorce áreas e cincuenta e sete centiáreas, equivalentes a dezasete ferrados e vintedous cuartillos e un quinto. Linda: norte, parcela adxudicada a Jesusa Moar Lata; leste, máis da cota da mesma herdeira de José Moar Veiras; muro dos colindantes no medio, en costa Negra; sur, parcela de Juan Louro Candal e oeste, monte dos veciños do Pereiro e A Bouciña, Pradechos do Fondo, muro no medio. O destinado a prado, que son dous ferrados e quince cuartillos, ten auga diaria procedente do encoro do oeste, que á súa vez procede dos prados e monte da Bouciña. Inscrición: predio número 5.465, folio 200, libro 138 de Ordes, tomo 547. Valor: 2.350.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9362