Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 546

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (352/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue expediente de dominio 352/1996, por instancia de

José María e Manuel Caneda Antelo, representados polo procurador Raposo Quintáns, para a inmatriculación do seguinte predio: labrantío, hoxe soar, no punto coñecido como Coto, de 403 metros cadrados. Estrema: fronte, oeste, hoxe rúa; antes corredoira do lugar de Cotaredo á estrada de Santiago de Compostela a Lugo; fondo, leste, hoxe predio de herdeiros de José Sánchez Calelle; dereita entrando, sur, hoxe rúa; esquerda, norte, hoxe predios de Gerardo Costa Rozas e de herdeiros de José Sánchez Calelle.

E en virtude do acordado e o disposto na lei e Regulamento hipotecario, por medio do presente edicto convócanse e cítanse as persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada; ás persoas de quen procede o predio, Ramón Pereira Fernández, Elvira Rodríguez Pérez e José Seoane Martínez; ós titulares catastrais del, José Seoane Martínez e José Barros Gulías; ós estremeiros do predio do que se pretende a inmatriculación, José Seoane Martínez, María del Carmen Seoane Míguez e María Consuelo Sánchez González; a todos eles, para que no prazo de dez días comparezan perante o xulgado e aleguen o que ó seu dereito conveña.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9438