Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 546

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (139/1996).

Eu, Amalia Álvarez Teixeira, secretaria da Administración de xustiza, con destino xo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ribeira o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e seis, vistos por Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira e o seu partido, os presentes autos de divorcio seguidos co número 139/1996, por instancia de Jackeline Lobelos González representada pola procuradora Peleteiro Bandín contra José David Martínez Bustamante declarado en situación procesual de rebeldía.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación. Resolvo que, estimando a demanda interposta pola procuradora Peleteiro Bandín, a nome e representación de Jackeline Lobelos González, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído por ela con José David Martínez Bustamante, o día 11 de decembro de 1992, elevando a definitivas as medidas adoptadas en sentencia de separación e que se dan aquí reproducidas, todo iso sen facer especial imposición de custas. Notifíqueselles esta resolución ós rexistros civís correspondentes para os efectos legais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, José David Martínez Bustamante, expido e asino a presente cédula en Ribeira a dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9250