Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 545

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (46/1995).

En virtude do acordado en xuízo verbal civil 46/1995, polo presente edicto procédese a notificarlle ó demandado rebelde, en paradoiro descoñecido, Francisco Javier Barcia Cea, a sentencia recaída, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Padrón o 25 de setembro de 1996, vistos por María Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, os autos de XVC 46/1995, promovidos polo procurador Chenlo Méndez, en nome e representación do Concello de Padrón, contra Pedro Cegarra Cañavete, representado polo procurador Piccoli Atanes, Preaviasa, representada pola procuradora Sánchez Silva e contra Francisco Javier García Cea, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo, que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Chenlo Méndez, en nome e representación do Concello de Padrón, contra Francisco Javier García Cea, Pedro Cegarra Cañavete e a Cía. Aseguradora Preaviasa, condeno solidariamente os demandados a que lle aboen ó demandante a cantidade de 194.122 pesetas polos danos causados, mailo o xuro legal desde a interpelación xudicial, que no caso da Cía. aseguradora será do 20%, contado desde a data do sinistro, con expresa imposición das custas.

Dedúzase testemuño da presente resolución, que se unirá ós autos, con inclusión do orixinal no libro de sentencias.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación perante a audiencia provincial en cinco días».

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Francisco Javier García Cea, estendo este edicto en Padrón o 12 de novembro de 1996.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9134