Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 548

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (188/1990).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe, dictada nos autos de xuízo executivo que co número 188/1990 se seguen neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, por instancia de Banco Simeón, S.A., representado polo procurador Manuel García Boado, contra Goto 2000 Coruña, S.A., Cayetano Saez Ortells e José Manuel Naveira Valiño, en reclamación de 500.000 pesetas de principal, máis 350.000 que se calculan para xuros, gastos e custas, pola presente cédula fáiselle saber ó debedor Goto 2000 Coruña, S.A., que se encontra en ignorado paradoiro, que se embargaron, como da súa propiedade, os bens que máis adiante se describen, segundo o dispón o artigo 1.444 da Lei de axuizamento civil, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro. E ó mesmo tempo, cítase de remate, concedéndolle o prazo de nove días para que compareza nos autos e se opoña á execución, se lle conviñer, prevíndoo de que, de non verificalo, se seguirá

o xuízo na súa rebeldía, e de que recaerá sobre el o conseguinte prexuízo.

Bens embargados:

-Saldos de contas que poida te-la dita entidade no Banco Simeón, S.A., nas respectivcas sucursais de Santiago de Compostela nas rúas Alfredo Brañas e Casas Reais.

E para que conste e sirva de notificaicóne citación en forma ó debedor Goto 2000 Coruña, S.A., expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

Dilixencia de embargo.

En Santiago de Compostela o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e seis, na sala de audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, presente o axente xudicial deste e coa miña asistencia, secretario xudicial, procedeuse ó embargo de bens que puidera te-lo debedor Goto 2000 Coruña, S.A., que se encontra en ignorado paradoiro, para responder das cantidades que se lle reclaman no presente xuízo executivo.

O procurador da parte demandante Manuel García Boado, que se encontra presente neste acto, designa como bens susceptibles de embargo:

-Os saldos de contas que poida te-la entidade no Banco Simeón, S.A., nas respectivas sucursais de Santiago de Compostela, nas rúas Alfredo Brañas e Casas Reais.

O axente xudicial declara formalmente embargados os bens descritos, sen previo requirimento de

pagamento, segundo o acordado na anterior providencia, por atoparse en ignorado paradoiro o debedor.

Co cal se dá por rematada a presente dilixencia, que asinan os que a interveñen, do que dou fe.

0215